Reproducimos a nota que nos fai chegar Función Pública e que tamén está publicada na páxina da DXFP:

Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 28 de febreiro e 1 de marzo, para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.

A modificación será a seguinte:

Horario oficial: a hora de saída o martes 28 de febreiro de 2017 será ás 14:00 horas e a de entrada o mércores 1 de marzo de 2017 será ás 9:00 horas.
Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 28 de febreiro de 2017 será ás 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 1 de marzo de 2017 será ás 9:00 horas, quedando reducida en 1 hora e 15 minutos a parte flexible do horario.
Horario flexibilidade conciliación: a hora de saída o martes 28 de febreiro de 2017 e a de entrada o mércores 1 de marzo queda reducida en 1 hora e 15 minutos dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de consesión de flexibilidade por concilicación.
Todo isto sen prexuizo do gozo do día que coincida cun festivo local.