Unha vez máis a Xustiza eríxese en valedora dos dereitos dos traballadores/as.

A Sala do Social do Tribunal Supremo vén de emitir nunha sentenza en relación cos permisos retribuidos por matrimonio, nacemento dun fillo/a e falecemento dun familiar na que establece que "[..] os permisos concédense para o seu goce en días laborables, pois en días festivos non é preciso pedilos porque non se traballa [..]", e por tanto, "o día inicial para o goce dos permisos [..] cando o feito causante se produza en día feriado, debe ser o primeiro día laborable que lle siga".

A CIG está convencida, e exemplos previos houbo moitos, de que se estivésemos díante dun recorte de dereitos das empregadas públicas, a Xunta actuaría coa súa habitual dilixencia e celeridade en aplicar o recorte, maís desta vez estamos diante dunha "pequena" conquista laboral en vía xudicial, polo que a CIG vén de dirixir un escrito a Función Pública para que proceda á adaptación de dita xurisprudencia á normativa galega.