Como novidade remiten unha nota aclaratoria sobre o horario de verán

"Ante as consultas realizadas sobre o horario de verán, comunícolle que está prevista a súa aplicación para xornadas ordinarias de sete horas e media, para o persoal que teña horario oficial, flexibilidade automática e flexibilidade por conciliación.

Polo tanto, quedan excluídos o persoal suxeito a horarios especiais, persoal con redución de xornada ou persoal a quendas, segundo dispón a Instrución do 20 xuño de 2013, que xa se viña aplicando desde anos anteriores.

En consecuencia, todas as consultas que se realicen sobre o horario de verán debern ser contestadas nese sentido polas unidades de persoal das distintas consellerías de acordo co disposto nesta nota informativa"

Un ano máis deixan fóra, sen ningún tipo de compensación, ao persoal que ten horario especial, traballa a quendas ou xa ten unha redución de xornada previa. Queixámonos ao director xeral da Función Pública cando nolo comunicou por teléfono. Por primeira vez, dixo estar aberto a estudalo e compensalo, iso sí, falou dentro de meses ou semanas...ao rematar o verán, vamos!!

Continúan sen incorporar as melloras que teñen os traballadores da AGE por Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas (BOE 10/12/2015).