Todo isto saltándose a normativa básica tanto estatal (EBEP) como autonómica (lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza) que establece:

Artigo 153. Materias obxecto de negociación en relación co persoal funcionario

1. Serán obxecto de negociación, no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración pública e co alcance que legalmente proceda en cada caso, as seguintes materias:legalmente proceda en cada caso, as seguintes materias:

...

m) As referidas ao calendario laboral, aos horarios, ás xornadas, ás vacacións, aos permisos e licenzas, á mobilidade funcional e xeográfica, así como os criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten as condicións de traballo dos empregados públicos.

Así, pola cara e sen negociar cos representantes dos traballadores, a directora da Axencia pretende cambiar as condicións dos empregados públicos, restrinxindo o dereito a coller vacacións nos meses de xullo e agosto, e todo por non querer contratar persoal como se fixo ata agora.

Este suposto acordo e instrución NON foi negociado coas organizacións sindicais representantes dos traballadores nin levado posteriormente a Mesa Xeral de Empregados Públicos.

Desde a CIG solicitamos hoxe a inmediata retirada do “Acordo e Instrucións en materia de vacacións co persoal das oficinas de Turismo” por ser contrario a lei.

Tamén esiximos a contratación de persoal para as substitucións en vacacións.

No caso de ser necesarias as modificacións de traballo do persoal das oficinas de turismo, instamos ao inicio das negociacións en materia de vacacións coas organizacións sindicais representantes dos traballadores tal como indica a lei.

CVE na sede