O luns 7 de xuño houbo unha xuntanza entre entre a Secretaría de Facenda e as organizacións sindicais pola xornada de verán. Dende a CIG solicitamos que se  ampliara a todo o persoal ao servizo da Xunta de Galiza, de xeito que naqueles centros onde resultase imposíbel a súa aplicación polo seu tipo de horario se lle compensara aos traballadores e traballadoras con dias libres. As outras OOSS estiveron na mesma liña. O asunto vai ir a unha vindeira Mesa Xeral.