a) O persoal que no día das eleccións, non desfrute do seu descanso semanal, terá dereito a un permiso retribuído de ata catro (4) horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, coincida, polo menos en catro (4), co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais.

b) O persoal que na data da votación non teña previsto estar na localidade onde lle corresponda exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercer dito dereito, disporá, no seu horario laboral de ata catro (4) horas libres para formular persoalmente a solicitude de certificación acreditativa da súa inscrición no censo, así como para a remisión do voto por correo.

c) O persoal nomeado presidente ou vocal de mesas electorais, e os que acrediten a súa condición de interventores, teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non desfrutan en tal data do descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco (5) horas o día inmediatamente posterior. Os que acrediten a súa condición de apoderados, teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación.