Continúa o director xeral da Función Pública citando a lexislación na que basean o cambio (Lei 59/2003 de sinatura electrónica e 11/2007 de administración electrónica). Está tarxeta será para todo o persoal dependente da dirección  xeral de Función Pública (persoal non docente de centros educativos incluído),  da Dirección Xeral de Xustiza e mesmo o persoal de empresas públicas e outros entes da administración.

A futura tarxeta, que substituirá a actual, será criptográfica (levará un certificado dixital de cada empregado público)  e que máis aló do control horario e da solicitude de permisos e vacacións, permitirá a correcta implantación da flexibilidade horaria  e o teletraballo, relacionado todo isto coa implantación da tramitación e administración electrónica, ademáis de ter un sistema de aproximación para permitir acceso a determinadas zonas fóra do uso público.

Facilítanos o seguinte cronograma:

  • 2º trimestre 2011: emisión das novas tarxetas e experiencia piloto.

  • 3º trimestre 2011: implantación dos criterios de flexibilidade horaria

  • Outubro 2011: Novo Decreto de permisos, vacacións e licenzas (negociación en xuño, xullo, setembro)

  • (Progresiva implantación tecnolóxica)

  • Setembro de 2012: Novo Decreto de xornada horaria, flexibilidade e teletraballo.

Desde a CIG-Autonómica valoramos positivamente que se poida facer máis real a conciliación da vida familiar, persoal e laboral coa implementación da flexibilidade horaria e máis do teletraballo, a parte de potenciar a administración electrónica. En canto ao punto máis polémico, non estamos en contra do control horario pero  nos parece oportunista a medida diante de todo o que está a caer contra a imaxe do empregado público e que son moitos cartos para gastar nesto (770.000€) coa situación económica actual. Un gasto que se podería ter minimizado de contar con medios propios.