Dereitos, deberes, permisos, excedencias..

O luns 7 de xuño houbo unha xuntanza entre entre a Secretaría de Facenda e as organizacións sindicais pola xornada de verán. Dende a CIG solicitamos que se  ampliara a todo o persoal ao servizo da Xunta de Galiza, de xeito que naqueles centros onde resultase imposíbel a súa aplicación polo seu tipo de horario se lle compensara aos traballadores e traballadoras con dias libres. As outras OOSS estiveron na mesma liña. O asunto vai ir a unha vindeira Mesa Xeral.

Na Mesa Xeral do venres 12 de xuño vaise discutir a xornada de verán. A proposta de Función Pública consiste en establecer unha xornada de 8.30 a 14:30, de luns a venres, dende o 23 de xuño até o 23 de setembro, para aquel persoal que xa viña tendo esa xornada.

A CIG quere máis flexibilidade dentro do horario obrigadorio de 9 a 14 horas, así como a compensación a todo aquel persoal que, por necesidades de servizo, non se poda acoller á presente reducción.

En virtude do previsto na Lei Orgánica 5/1985 de Réxime electoral xeral, do Real Decreto 605/1999 de regulación complementaria dos procesos electorais, e demáis disposicións concordantes, o persoal ao servizo da administración pública de galiza, gozará de permiso acolléndose ás seguintes normas: