Dereitos, deberes, permisos, excedencias..

O artigo 30.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no seu tratamento do cómputo dos prazos que se excluirán dese cómputo os sábados, domingos e festivos. Isto fai que exista unha diferenza coa Lei 30/1992 en que os sábados estaban considerados como días hábiles na contabilización de prazos.

A apertura dos rexistros públicos nos sábados, desde a data de entrada en vigor da nova lei, que será a partir do día 2 de outubro de 2016, perderá a utilidade que tiña até o momento en que era precisa a súa apertura para garantir a presentación de documentación dentro dos prazos previstos nas diferentes convocatorias.

As listas de contratación temporal, reguladas polo decreto 37/2006, recuperan un pouco de actividade coa sinatura do acordo que posibilita o chamamento por estas listas para a cobertura dos postos aos que renuncian os remudistas como consecuencia dun contrato de traballo a tempo parcial para completar a xornada dun traballador que accedeu á xubilación parcial anticipada.

Ata o día de onte, había que chamar ao Servizo Galego de Colocación para a cobertura do posto de traballo ao que renunciou o/a remudista contratado polas listas do decreto 37/2006, pero con este acordo, todas estas contratación sairán do decreto de listas agás que non existan.

Cando se negociaron estas instrucións, unha das alegacións da CIG foi a de que todos os chamamentos fosen a través do decreto de listas pero a Administración da Xunta non accedeu nese momento amparándose no limitado prazo de 10 días para proceder a súa comunicación ao INSS do novo contrato. 

A inmediatez da súa entrada en vigor é como consecuencia de varios chamamentos que hai que efectivizar en medio rural pola renuncia de remudistas.

A orde do día e o seu desenvolvemento:

1.Debate e estudo da posibilidade de modificar o apartado segundo da instrución cuarta das instrucións para o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda, no relativo á posibilidade de empregar as listas do Decreto 37/2006, no suposto de renuncia do remudista

Nesta semán FP recabará opinión das distintas consellarías e, posiblemente, a fins da mesma haxa unha resposta favorable que permita a inmediata modificación da instrución cuarta para o emprego das listas do decreto 37.

A Dirección Xeral de Función Pública fixo pública unha nota informativa con relación á entrada en funcionamento da xornada de verán, regulada pola Orde do 20/12/2013

Sen novidade respecto das condicións de 2015, de novo deixan fóra, sen ningunha compensación, ao persoal que traballa a quendas, dobremente puteado xa co tema das "X" e dos días 24 e 31 de decembro. Porén, este ano ademais trae un novo agravio ao pasarse polo forro a petición de incorporar as melloras con relación á Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas (BOE 10/12/2015). Novo agravio comparativo con relación ao persoal da Administración Xeral do Estado, que ten pagas extras con complementos específicos, concursos de traslados anuais, promoción interna real, etc.

Descargar a nota informativa da Dirección Xeral da Función Pública

O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autonóma de Galiza que o vindeiro día 26 de Xuño non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro (4) horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo coincida polo menos en catro horas co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais.

O persoal que na data do 26 de Xuño non se atope na localidade onde lle corresponda exercer o seu dereito ao voto, disporá dentro do seu horario laboral, de ata catro (4) horas libres para formular persoalmente a solicitude de certificación acredidativa da súa inscrición no censo, así como para a remisión do voto por correo.

O/A traballador/a que o 26 de Xuño sexa nomeado membro/a dunha mesa electoral, así como aqueles/as que acrediten a súa condición de interventores/as, terán dereito durante o día da votación a un permiso retribuído de xornada completa, se non desfrutan en tal data de descanso semanal, e a unha reducción da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. O persoal que acredite a súa condición de apoderado/a tamén disporá de permiso retribuído durante o día da votación, sempre que non disfrute nese día de descanso semanal.

A acreditación do persoal nomeado presidente/a ou vogal de mesas electorais ou da condición de interventores/as ou de apoderados/as, realizaráse mediante a presentación da certificación documental na dirección ou xefatura de persoal.

O persoal que se presente como candidato/a ás eleccións do víndeiro 26 de Xuño de 2016, poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo na súa respectiva unidade durante a campaña electoral, é dicer, den as cero horas do Venres, 10 de Xuño ata as vinte e catro horas do Venres, 24 de Xuño.

En primeiro lugar manifestan que o horario de verán para o persoal que o pode gozar é dende o día 16 de xuño ata o día 15 de setembro, será publicado hoxe ou mañá nos mesmos termos que o do ano pasado

1º.- Interpretación das “X” en Política Social e das “H” en Medio Rural

Función Pública manifesta que non considera as “x” e as “h” como días hábiles, polo que se teñen que contar para ás vacacións como si foran días de traballo normais.

A CIG manifesta que se da o paradoxo de que si se traballa eses días non se vai a traballar, pero si se está de vacacións si. As interpretacións de función pública son totalmente surrealistas.

2º.- 24 e 31 de decembro

Manifestan que o persoal a quendas non ten días a maiores de asuntos particulares por estes días, soamente terán un día máis no caso de que se traballe.

Nesta xuntanza da comisión de seguimento da flexibilidade e do teletraballo, o director xeral de función pública deu resposta a duas das peticións das organizacións sindicais feitas na xuntanza anterior, que consisten no seguinte:

1. Van proceder a realizar unha modificación normativa para trasladar a ampliación da flexibilidade horaria dende as 9:00 ata 20:00 de luns a venres.

2. Ampliación do horario ata as 20:00 nas oficinas de emprego, sempre e cando o persoal teña a chave da oficina.

A maiores, a CIG solicitou realizar os seguintes cambios:

- Que o exceso do computo horario que se produza nun mes poda descontalo no mes seguinte, da mesma forma que se non se chega se pode regularizalo no mes seguinte.

- Trasladámoslle á administración a recomendación realizada pola Valedora do Pobo, en relación a concesión dos 3 días semanais de teletraballo que se solicitan e que non se reduzan a 1 so dia. Tamén lle solicitamos que se inclúan nos listados mensuais a información tanto dos días solicitados coma dos días concedidos.

O día 4 de maio constituíuse a comisión de seguimento sobre a aplicación das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas aprobadas por Resolución do 24 de febreiro de 2016.

1º.- ACLARACIÓN DAS “X” OU “H” NAS DIFERENTES CARTELEIRAS

Manifestan que son graciábeis por parte da administración e que polo tanto consideranas como días hábiles.

A CIG manifesta:

  • Si son consideradas hábiles na maioría das carteleiras pasariámonos de xornada e a maiores se produciría solapamento entre xornadas.
  • Esta actitude o único que provoca é que se xudicialicen as relacións laborais de continuo.
  • Si as “x” ou “h” so graciábeis e non están definidas, solicitamos que nos digan que significa, e si cando figura nunha carteleira temos que ir a traballar ou non, porque si non temos que ir a traballar é surrealista que para as vacacións se consideren hábiles.

Función Pública: estudiaranno e nos contestarán.

Na Comisión de Persoal do 24/02/2016 aprobouse a Resolución da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, co voto en contra da CIG e a abstención de CCOO, UGT e CSIF.

Función Pública finalmente aceptou a solicitude da CIG de engadir no ámbito de aplicación ao persoal funcionario que presta servizos no SERGAS. Deste xeito, xa non se lles aplicará o "Acordo de concertación social" asinado entre Sanidade e os sindicatos do persoal estatutario no ano 2001. Porén, non aceptaron algunhas das demandas principais da CIG, polo que votamos en contra. 

No prazo de dúas semanas crearase unha comisión de seguimento da que formarán parte as catro organizacións sindicais para velar pola aplicación, desenvolvemento e a resolución dos problemas que poidan xurdir na aplicación destas instrucións, no seu caso tamén poderá propor no futuro modificacións da mesma. Nesta comisión de seguimento participarán Función Pública e as consellerías de Medio Rural e Política Social, sen prexuizo de que asista calquera outra consellería.

Podes descargar dende aquí o texto aprobado na Comisión de Persoal.

Sindicatos e Administración levamos xa varias semanas negociando as instrucións de permisos, licenzas e vacacións para o persoal da Administración xeral. A cousa, que está moi avanzada, pasará polo derradeiro trámite da Comisión de Persoal o mércores 24 de febreiro. Durante ese tempo mudou algunha cousa. 

Unha das cousas que non mudou nada refírese ao persoal funcionario que presta servizo nas dependencias do SERGAS. Este persoal queda excluido das instrucións.

O artigo primeiro da Resolución de instrucións di literalmente: "Non se aplica ao [..] persoal que preste servizos nas institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia, que se rexerán nesta materia polas súas normas específicas". Esto é, que o persoal funcionario que presete servizos nas antigas direccións provinciais do SERGAS, agora integrados nas xerencias, así como aos poucos funcionarios e funcionarias que traballan en hospitais, tanto se son funcionarios de corpos xerais como se son funcionarios da lei 17 (funcionarios/as de escalas sanitarias), quedan excluidos desta normativa, pois a Administración entende que traballan en "institucións sanitarias", como xa nos teñen dito en varias ocasións.

Aplícaselles, logo, a súa "norma específica". Pero resulta que non existe tal norma específica e no seu lugar o que se lles aplica é o "Acordo de concertación social", un pacto asinado no ano 2001 entre o SERGAS e as persoas representantes do persoal estatutario, non pactado, xa que logo, coa representación elixida polo persoal funcionario. Vamos, como se aplicasen un acordo pactado dentro de Citroën.

Os dous documentos (resolución de instrucións e acordo de concertación social) son diferentes, e xa tivemos algún caso de conflito pola normativa a aplicar ao persoal funcionario.

A CIG non entende esta deixación de funcións. Estudaremos medidas xudiciais.

Editado o 24/02/2016: Función Pública finalmente aceptou a solicitude da CIG de engadir no ámbito de aplicación ao persoal funcionario que presta servizos no SERGAS. Deste xeito, xa non se lles aplicará o "Acordo de concertación social" asinado entre Sanidade e os sindicatos do persoal estatutariio no ano 2001.