Dereitos, deberes, permisos, excedencias..

No ano 2016 serán sábado os días 24 e 31 de decembro. Porén, o Portax non recollía os 8 días de asuntos particulares que deberían corresponder (6 días de carácter xeral e 2 días adicionais por ser sábado o 24 e 31 de decembro). En consecuencia a CIG instou ao Director Xeral de Función Pública a solucionalo.

Informamos que a incidencia xa está resolta ao figurar no Portax os 8 días (máis os de antigüidade que lle correspondan a cada quen).

No BOE do xoves 10 de decembro de 2015 publicouse a "Resolución de 25 de noviembre de 2015, de la Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, por la que se modifica la de 28 de diciembre de 2012, por la que se dictan instrucciones sobre jornada y horarios de trabajo del personal al servicio de la Administración General del Estado y sus organismos públicos."

Dita resolución engade ao epígrafe 7.2 da Resolución de 28 de decembro de 2012, un segundo paragrafo coa seguinte redacción:

«Por motivos de conciliación de la vida personal, familiar y laboral, los empleados públicos con hijos, descendientes o personas sujetas a su tutela o acogimiento de hasta 12 años de edad, podrán acogerse a esta modalidad de jornada intensiva desde el 1 de junio y hasta el 30 de septiembre de cada año. Este derecho podrá ejercerse también en el año en el que el menor cumpla la edad de 12 años.»

Introduce no apartado 8 da Resolución de 28 de decembro de 2012, un novo epígrafe 8.6 coa seguinte redacción:

Visto o incumprimento da consellaría de Facenda, dirección xeral da Función Publica, no que a execución do V convenio colectivo se refire, o comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza e os órganos de representación dos traballadores e traballadoras, na súa xuntanza celebrada o 06/10/2015, acordamos convocar unha manifestación para o Xoves 26 de novembro, entre as 10:30 e as 12:00 horas, que consistirá nunha manifestación dende o Parlamento de Galiza ata o edificio administrativo da Xunta en San Caetano para a reivindicación dos seguintes aspectos:

1.Convocatoria inmediata do concurso xeral de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza, tal como así esta recollido no art. 7.2.a) do convenio. O pasado ano, o director xeral da Función Publica comprometeuse con este comité intercentros á convocatoria do concurso ao longo do terceiro trimestre do 2014. Compromiso que volveu a incumprise neste primeiro trimestre cando, iniciada a negociación das familias profesionais que posibilitaran o concurso aberto, función publica presentou unha proposta de amortización, supresión e reorganización de categorías que imposibilitaría o concurso para os postos de traballo susceptíbeis de funcionarización tendo en conta a disposición adicional novena da Lei do Emprego Publico de Galiza pola que se crean as escalas de servizos sociais.

As declaracións de función publica nas distintas mesas de negociación deixan caer que haberá concurso traslados de laborais unha vez que se acorde a amortización e supresión das categorías susceptíbeis de pasar a escala de servizos sociais.

Achegounos Función Pública un borrador dunha nova resolución pola que ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, para que presentemos alegacións antes do venres 27 de novembro e posterior negociación.

O novo texto substitúe á anterior resolución publicada no DOG do 20/03/2013 e posterior adaptación á Lei do Emprego Público de Galiza de xullo do 2015, incorporando tamén a Resolución (DOG 19/10/2015) pola que recuperamos parte dos dereitos que nos roubaron (días de vacacións e asuntos propios por antigüidade).

As instrucións son de aplicación ao persoal funcionario de laboral da Xunta e dos entes instrumentais. No caso do persoal funcionario teremos que discutir o ámbito de aplicación pois hai conflito nalgún colectivo.

Respecto da regulación anterior, eliminan a posibilidade de gozar ata seis días de vacacións como se fosen dias de asuntos propios. Introducen os días de vacacións e asuntos persoais por antigüidade. A asistencia a “cursos de formación do persoal” non os consideran “probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público”, polo que concederán o “tempo imprescindíbel”, non o día completo. Manteñen a penalización ás persoas que teñan flexibilidade familiar, no sentido de que teñen que recuperar o tempo usado para o cumprimento de deberes inescusables ou os deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e máis a asistencia a consultas médicas.

A regulación é moito máis ampla que as liñas aquí narradas. Se queres aportar algo, estamos a túa disposición en autonomica@cigadmon.gal

 

O Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta xuntouse o martes 17 de novembro cos grupos do Parlamento de Galiza, como parte dos actos organizados polo Intercentros cara á derrogación da Lei 1/2012, de medidas temporais no emprego público de Galiza, para a recuperación na Lei de Orzamentos do 2016 do artigo 19 do V Convenio Colectivo e para a recuperación da negociación colectiva coa conseguinte convocatoria do concurso de traslados do persoal laboral.

Polo que respecta aos grupos da oposición, PSG-PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto, obtivemos o seu rotundo apoio para a presentación dunha batería de emendas aos orzamentos e a súa lei de acompañamento, emendas que non prosperarán diante da trituradora maioría absoluta do PP tal como aconteceu nestes últimos anos.

Semella que a sinatura do acordo dos Asuntos Propios está a producir remordementos de conciencia entre algún dos sindicatos asinantes, o que o leva a facer uso da mentira, a manipulación e a demagoxia en contra da CIG.

Mentira porque acusar á CIG de non manifestarse na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 15 de outubro é faltar á verdade e unha noxenta maneira de tapar as súas propias vergoñas.

Como xa relatamos en días pasados e aínda que a UGT non lle goste, a CIG si se manifestou, e nun exercicio de coherencia expuxo que se á hora de recortar dereitos dos/as empregados/as públicos/as non se tivo en conta a opinión sindical, cando menos a da CIG, para a restitución de parte deses dereitos non se pode pretender contar co visto e prace sindical, polo que a CIG negouse a votar na Comisión de Persoal.

Mentira tamén cando din que de non asinarse pola maioría das centrais sindicais non se podería gozar dos días no 2015 e habería que esperar a modificación legal “requirida”. O RD Lei 10/2015 non obriga a ningunha modificación lexislativa e menos a un acordo de transposición entre a Administración e as OOSS, senón que habilita ao goberno para que exercendo a súa potestade regulamentaria faga as modificacións, neste caso podería facelo por decreto da Xunta de xeito inmediato, tal e como indica o RD "cada Administración Pública poderá establecer..."

Dicía Sun Tzu hai 2.500 anos que un exército debe analizar os plans do inimigo para coñecer os seus puntos débiles e evitar a forza e atacar sobre a debilidade.

A debilidade do Partido Popular son as eleccións xerais e autonómicas que veñen. E son debilidade porque vese obrigado a modificar temporalmente os seus plans de recortes para non seguir perdendo votos.

Nese contexto, dende o PP a nivel de Estado dan a orde de afrouxar a presión sobre os empregados/as públicos/as. De aí ven o regalo dos días adicionais de Montoro. O PP en Galiza debe cumprir o mandato de Madrid e facer a mesma operación, pois as eleccións están á volta da esquina. Así que nesa tesitura aquí ven unha xogada perfecta. Non só devolven o que ían a devolver senón que ademais poderían vendelo como un acordo sindical.

Dende a CIG sabíamos que ían devolver os días polo que “atacando sobre a debilidade” era hora de poñer sobre a mesa o resto de reivindicacións, e neste caso os 9 días.

Non necesitaban ningún acordo para aprobalos, podían facelo mediante decreto. O que non se entende é que os outros sindicatos acepten á primeira de cambio o que ofrece a Xunta e que xa estaba conseguido sen pedir a restitución completa, e máis cando algúns deles (concretamente CCOO) un día antes saca unha nota dicindo que a Xunta pode devolver os días directamente tal e como fixo o Goberno do Estado.

E que nos venden agora? Que a CIG non se pronunciou?.

A CIG se pronunciou claramente: non imos votar nunha Comisión de Persoal o asinar un acordo que o Goberno pode sacalo por decreto. A nosa posición é clara e a anunciamos con anterioridade:

Eles quitáronos, que eles os restauren

E sobre as melloras conseguidas como o período de desfrute amplo, non se conseguíu nada que non se anunciara tamén con anterioridade:

Algúns indicios e poucos avances na xuntanza sobre os días adicionais de asuntos propios e vacacións

Así que da debilidade que había que aproveitar dende a nosa posición de forza non obtivemos máis que o que xa anunciaron que nos ían devolver, ao pregarse o resto dos sindicatos a asinar este acordo. Lamentábel.

A Xunta de Galiza asina un acordo con CCOO, UGT e CSIF que NON restitúe os 9 días de asuntos propios.

O xoves 15 de outubro de 2015 xuntouse a Mesa Xeral de Empregados Públicos e a Comisión de Persoal para aprobar un Acordo entre a Dirección Xeral de Función Pública e as organizacións sindicais en materia de permiso por asuntos particulares e vacacións por antigüidade.

Na súa exposición, a CIG mantívose firme no seu posicionamento: Eles quitáronos, que eles os restauren. Insistimos unha vez máis en que os dereitos recortados de xeito unilateral pola Xunta de Galiza tiñan que ser restituidos xa, por decreto do Consello da Xunta, sen necesidade de buscar a vergoñenta complicidade que atopou no resto de organizacións sindicais para sacar adiante un acordo no que se materializa a perda de 3 días de AAPP con respecto aos 9 días que tiñamos antes dos recortes, polo que con este acordo o conxunto de empregados públicos vémonos claramente perxudicados.

A Xunta non quere devolver os días por decreto, quere que asinemos a renuncia aos 9 días de AAPP

O texto do Real Decreto lei 10/2015, de 11 de setembro, (BOE de 12 de setembro), polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado é claro e faculta ás Administracións Públicas para que poidan devolver os días. Non esixe ningunha modificación lexislativa nin ningunha lei ad hoc, senón que valéndose da potestade regulamentaria as Administracións Públicas a Xunta pode facelo de oficio mediante Decreto do Consello de Goberno, sendo ademais un caso de extraordinaria e urxente necesidade, o cal xustificaría utilizar esta fórmula.

Tendo en conta esta especial habilitación, DENDE A CIG ESIXIMOS,

  • Que a Administración da Xunta de Galiza aprobe mediante decreto do Consello de Goberno a devolución dos días de asuntos persoais, días adicionais de asuntos persoais por antigüidade, e días adicionais de vacacións por antigüidade, de xeito que reflicta, como mínimo, o que o propio Real Decreto lei 10/2015 establece para os/as empregados/as públicos/as do Estado, así como un período de desfrute amplo, de cara a non causar perxuizos polo seu desfrute tanto ao persoal como á propia Administración da Xunta.
  • Que se convoque Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as para aprobar a devolución dos 3 días restantes de asuntos persoais (ata os 9 que os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza tiñamos antes dos recortes, e a secuenciación dos días adicionais de vacacións por antigüidade, para o cal dende a CIG propoñemos un día adicional con cada trienio a partir do primeiro ata os catro que permite o Real Decreto lei 10/2015.

A Xunta en vez de actuar con dilixencia, estivo remoloneando e agora quere que asinemos un acordo onde só devolven 6 días. Se eles recortaron sen necesitar o concurso de ninguén, non necesitan tampouco o concurso de ninguén para restaurar unha mínima parte. E se non o fan, que todo o mundo tome nota desta chantaxe do Partido Popular aos empregados/as públicos/as galegos/as antes dunhas eleccións.

Cando os empregados públicos do Estado desfrutan xa dos días adicionais de vacacións e asuntos persoais dende hai vinte días, a Xunta aínda nos convoca para este venres, 2 de outubro, para tratar este asunto. E si á parsimonia da Xunta, que ten pouco interese, engadimos que isto ten que facerse vía parlamentaria a través dunha modificación da Lei de Emprego Público, temos que isto se vai prolongar ata os preliminares das Eleccións Xerais.

Partindo de que somos os empregados/as públicos/as máis agraviados de todas as Administracións polos recortes, ademais de ser os primeiros aos que se nos aplicaron, solicitaremos restaurar o número de Asuntos Persoais que aparecían na anterior Lei de Función Pública de Galiza (9 días) como básicos, habendo innumerábeis formas de poder facelo efectivo, estando en consonancia coa lexislación básica do Estado.