Dereitos, deberes, permisos, excedencias..

Anda CSIF repartindo unha nota desinformativa que nos está xerando centos de chamadas e consultas para confirmar o que nela nos contan:

2. LOS EMPLEADOS PÚBLICOS RECUPERAN DESDE EL SÁBADO TODOS LOS MOSCOSOS, DÍAS LIBRES Y VACACIONES POR ANTIGÜEDAD

Despois de felicitar a Feijoo e anotarse o tanto das esmolas do Partido Popular e de Montoro grazas “as súas presións” (sic), din que os empregados/as públicos/as recuperaremos dende o sábado todos os moscosos, días libres e vacacións por antigüidade.

Pois ben, resulta que non. Que na Galiza non aplicaron os suficientes pascales de presión para que todo iso se faga efectivo ou que a “presión” que aplicaron foi sobre eles mesmos e agora están sometidos a un síndrome hiperbárico que lles produce alucinacións.

O pasado 10 de xullo aprobáronse na Comisión de Persoal as modificacións das instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, consecuencia da adaptación ás novas condicións que establece a Lei 2/2015 do emprego público de Galiza, co voto favorable de CCOO e CSIF, e a abstención de CIG e UGT. A CIG abstense porque se recolleron unha boa parte das nosas propostas, pero quedaron outras fora.

Na Comisión de Persoal comprometeuse o Director Xeral da Función Pública a ter listo en tres meses unha nova proposta de instrucións como versión consolidada e que incluiría os seguintes aspectos: delimitar as enfermidades graves, contemplar situacións de violencia de xénero, desprazamento para exames de probas selectivas. Anunciou que ese texto creará unha comisión de seguimento para as organizacións asinantes do futuro texto (unha chantaxe aos sindicatos que, ou asinan, ou quedan fora de poder facer un seguimento ás resolucións que se produzan).

Na Mesa Xeral do martes 7 discutimos con Función Pública e representantes das consellerías a adaptación da resolución do 12/03/2013 de instrucións de vacacións, permisos e licenzas á nova Lei do emprego público. O asunto vamos tratalo novamente na Comisión de Persoal do venres 10.

Con caracter previo anuncia o Director Xeral da Función Pública que haberá unha xuntanza antes da Comisión de Persoal para falar das alegacións que presentamos os sindicatos e que en todo caso haberá cambios relacionados coa asistencia a exames.

A CIG fai un repaso ás alegacións presentadas por escrito, que resumimos no seguinte:

  • Incorrecta aplicación de enfermidade grave.
  • Clarificar os 22 días de vacacións, en relación á posibilidade de xuntar os días de asuntos propios.
  • Redondeo á alza cando sexa 0,1, e non só cando sexa 0,5.
  • Defendemos a rotación nos permisos cando haxa mesmas circunstancias familiares. Aceptamos a antigüidade para comezar a primeira rotación.
  • Permiso para concorrer a exames: posto que o DXFP anunciou que o xoves proporía uns cambios, adiamos a intervención sobre este punto.
  • Non conformes coa extensión a 24 horas como requisito para xustificar hospitalización.
  • Non aceptamos un tratamento diferencial para persoal de benestar en permiso por lactación.
  • Engadir permiso de acompañamento a tratamentos como radioterapia.

Descargar a proposta de instrucións de vacacións, permisos e licenzas.

Descargar as alegacións presentadas pola CIG.

Visto o incumprimento da consellaría de Facenda, dirección xeral da Función Publica, no que a execución do V convenio colectivo se refire, o comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza, na súa xuntanza de pleno ordinario, celebrada o 09/06/2015, acordou por unanimidade achegar petición aos responsables sindicais na administración da Xunta de Galiza de CCOO, CIG, UXT e CSIF para que adopten a decisión de participar activamente na mobilización convocada polo comité intercentros para o Martes, 23/06/2015, entre as 10:30 e as 12:00 horas e que consistirá nun acto de concentración e protesta diante do edificio administrativo da xunta de Galiza, coa reivindicación dos seguintes aspectos:

1.Convocatoria inmediata do concurso xeral de traslados para o persoal laboral da Xunta de Galiza, tal como así esta recollido no art. 7.2.a). O pasado ano, o director xeral da Función Publica comprometeuse con este comité intercentros á convocatoria do concurso ao longo do terceiro trimestre do 2014. Compromiso que volveu  a incumprise neste primeiro trimestre cando iniciada a negociación das familias profesionais que posibilitaran o concurso aberto, función publica presentou unha proposta de amortización, supresión e reorganización de categorías que imposibilitaría  o concurso para os postos de traballo susceptíbeis de funcionarización tendo en conta a disposición adicional novena da Lei do Emprego Publico de Galiza pola que se crean as escalas de servizos sociais.

Despois de sair publicada a nova no D.O.lvG (Diario Oficial de lavozdeGalicia), informa esta Administración aos representantes dos traballadores. Como debe ser.

A nota informativa sobre o horario de verán é a seguinte:

NOTA INFORMATIVA SOBRE HORARIO DE VERAN 2015

  • Período de aplicación: do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous inclusive)
  • Horario oficial:
  • Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
  • Horario flexibilidade automática:
  • Do 16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.
  • Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño. O tramo horario de compensación será de 8:00 a 15:00 horas.
  • Horario flexibilidade conciliación:
  • Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas de traballo diarias na franxa horaria autorizada pola Secretaria Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación. O cálculo do cumprimento da xornada laboral, será en cómputo mensual.
  • Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.

A CIG chama aos traballadores e traballadoras a participar nos actos de protesta que convocamos para o martes 21 de abril, de 12 a 12:30 horas, nas postas de todas as residencias de maiores dependentes da Xunta de Galiza para amosar o malestar polo actuar do departamento que dirixe Beatriz Mato, totalmente insensible cos traballadores e traballadoras e cos problemas dos centros, e para reclamar o dereito ao descanso e as compensacións por traballar en domingos e festivos do persoal de atención directa das residencias de maiores que dependen da Consellería de Traballo e Benestar.

As concentracións van coincidir coa xuntanza á que estamos convocados os sindicatos en San Caetano, para tratar a proposta de modificación da relación de postos de traballo da consellería. Nesta modificación, e centrados no asunto dos descansos, a consellerái contempla a creación de determinados postos,, pero a maioría serán de media xornada, que non van o problema, e non se recolle a compensación de domingos e festivos. Esto significa que a Xunta dá por rematada a negociación cun carpetazo demostrando que non tiña intención de negociar nada.

Na xuntanza non se van solucionar nin os problemas dos centros nin a reposición dos dereitos expropiados aos traballadores.

Martes 21 de abril, concentracións ás 12 horas, na entrada das residencias, á mesma hora na que a consellería ten convocado ás centrais sindicais.

Centos de traballadores e traballadoras dos centros dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar percorreron o martes 14 as rúas de Compostela en manifestación para reclamar a reposición das condicións laborais do V Convenio; denunciar os excesos de traballo e as consecuencias que isto ten na atención a usuarios e usuarias e exixir o cese da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

A manifestación, convocada polo comité intercentros e apoiada polos catro comités provinciais de Traballo e Benestar, percorreu as rúas da capital de Galiza desde a Porta do Camiño até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano, onde entregaron no rexistro máis de 5.000 sinaturas en apoio ás súas reivindicacións.

Durante todo o percorrido corearon consignas nas que reclamaban a reposición do artigo 19 do convenio colectivo, que garante unha serie de dereitos laborais que, segundo denuncian, non están a ser respectados. Neste sentido portaban numerosos carteis nos que se subliñaba que “Non queremos cartos, queremos conciliar” en referencia ás interminábeis quendas de traballo e os poucos descansos a que teñen dereito.

O 13 de marzo asistimos a unha xuntanza con Función Pública e Traballo polas condicións de traballo na área de Benestar.

Para o Director Xeral da Función Pública a crise vai remitindo e como son moi sensibles coas demandas do persoal, fixeron un esforzo para conseguir cartos. Ofrecen duas opcións con ese diñeiro:

  1. Destinar todo o orzamento a incremento de persoal nos centros de Traballo e Benestar, cubrindo de esa maneira as necesidades para que as quendas contemplen descanso en fins de semana alternos (o dos festivos non o teñen moi claro).
  2. Pagamento da compensación dos domingos e festivos, e aumento de persoal co resto de orzamento, pero seria insuficiente para garantir as fins de semana alternos, polo que as quendas seguirían a contemplar na maioría dos casos unha fin de semana libre de cada tres.

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Facenda, modifica a xornada nestas datas de entroido mediante unha resolución. O que escoce é que a xornada será aplicábel exclusivamente a aquelas persoas que traballen en edificios administrativos, sen que se beneficien, a pesares das nosas demandas, o conxunto dos/as empregados/as públicos/as.

Para o persoal con horario xeral:

Martes 17 de febreiro: a hora de saída será ás 14:00 horas.

Mércores 18 de febreiro: a hora de entrada será ás 9:00 horas.

Para aqueles/as que teñan concedida a flexibilización de xornada, aplicaráselles un desconto de 1 hora e 15 minutos no Kronos por cada un dos días.

O comité intercentros instou unha xuntanza da comisión de seguimento do Acordo de xubilacións parciais que tivo lugar este martes día 10, unha vez que foi coñecedor dunha circular da secretaría xeral técnica da Consellaría de Traballo e Benestar que establece a imposibilidade de chegar a un acordo de xubilación superior ao 50% da xornada de traballo.

Esta decisión da Consellaría altera substancialmente o previsto nas instrucións para o acceso á xubilación parcial anticipada e contrato de remuda xa que anula o caracter negociador das partes obrigadas, xubilado/a e administración, de chegaren a un acordo sobre a redución de xornada e a forma de acumulala.

Función Pública é descoñecedora desta circular e pon moito énfase no caracter negociador das partes para chegar a un acordo de redución da xornada e que, polo que sabe, en todos os expedientes tramitados foi aceptada a vontade do/a xubilado. Función pública falará con Traballo para exixir o caracter negociador ao que están obrigadas as partes.