O vindeiro 4 de decembro, o persoal laboral de servizos centrais da Xunta de Galiza elexiremos a quen nos representarán nos próximos catro anos no Comité de Empresa. Cómpre ter un comité de empresa forte para loitar contra as agresións que estamos a sufrir o persoal laboral por parte da administración. E un comité forte pasa por un comité con maioría da CIG. Na CIG presentamos dúas canditaturas, técnicos e especialistas, plurais, nas que conflúen todo tipo de persoal laboral, porque entendemos que hai que defender a todo o persoal laboral sen distinción.

Por iso, ESTE 4 DE DECEMBRO PARTICIPA VOTANDO POLA CIG!