Mesas Edificio Pontevedra (1 e 2, por orde alfabético)
Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra. Horario de 9:30 a 15:30

Mesa Itinerante Arousa
Vilagarcía: de 9:30 a 12:30, no Centro Sociocumunitario
Cambados: de 13:30 a 15:30, no IES Ramón Cabanillas

Mesa Edificio Vigo
Edificio Administrativo da Xunta en Vigo. Horario de 9:30 a 15:30

Mesa Santa Irene (Vigo)
IES Santa Irene – Vigo, de 9:30 a 15:30

Mesa Itinerante Sur
Ponteareas: de 9:30 a 10:45, no IES Pedra de Auga
O Porriño: de 11:30 a 12:45, no IES Ribeira do Louro
Redondela: de 13:30 a 15:30, no IES Pedro Floriani

A Administración comprometeuse a realizar xestións para facilitar aparcadoiro en todas as mesas eleitorais (incluíndo dentro dos centros de ensino, ou espazos reservados nos edificios administrativos).

Por lei terás dereito ao tempo imprescindíbel para exercer o teu dereito a elixir as persoas que representarán aos funcionarias e funcionarias ante a Administración Autonómica. Así que se estas interesado ou interesada en exercer teu dereito nunha mesa diferente á que xa tes asignada/o pola ubicación do teu centro de traballo, tes que solicitalo por escrito entre o 9 de febreiro e o 2 de marzo. O dia 4 de marzo publicarase o censo definitivo, e xa non se poden mover as mesas.

Para calquer cuestión podes contactar connosco no telefone 986-817597, correo autonomicavigo@cigadmon.gal en Vigo, e 986-805515, correo autonomicapontevedra@cigadmon.gal. Tamén podes dirixirte directamente a Mesa Coordinadora por correo postal ou rexistro, no seguinte enderezo:

Mesa Coordinadora – Eleicións sindicais á Xunta de Persoal
Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 – 9º
36003 – Pontevedra