Eleicións sindicais

Por acordo de CSI-F, CCOO e UGT, non haberá mesas fixas no Barco e en Verín nin itinerantes que pasen polo resto de centros.

Así, para exercer o teu dereito ao voto o día 11 de abril, terás que acudir a cidade de Ourense.

A xunta está obrigada a proporcionarche medio de transporte adecuado en horario laboral, dentro do horario de votación (de 9 a 14:30 horas).

No caso de que o horario de votación non coincida coa túa xornada laboral, terán que facer unha compensación horaria.

Achegamos modelo de solicitude de transporte e compensación para presentar o antes posible en rexistro.

Que ninguén che impida exercer o teu dereito a votar!