Que está pasando nas eleccións sindicais de funcionarios? Preguntase CCOO.

Pois o que pasou é moi sinxelo: que na provincia de Pontevedra a CCOO renunciáronlle 23 candidatos/as. Segundo conta CCOO por ameazas e coaccións da CIG. Pero a explicación falla, porque calquera se dá conta que coaccionar a alguén ou ameazalo non supón ningún rédito á hora de pedirlle o voto.

Tanta renuncia é normal? Pois non. Pasou que CCOO foi enganando ao persoal xa que en vez de pedir a sinatura para ir na súa candidatura, o que lle dicía á xente era “me firmas para que me pueda presentar?”, ou “quieres firmar para avalar que nos presentemos a las elecciones?”. Só lle faltaba pedir se lles asinaban para o Domund.

Así que a candidatura de CCOO en Pontevedra estaba chea de afiliados/as e simpatizantes da CIG, comentámosllo e saltou o asunto. O cabreo foi monumental. De aí que 23 persoas renunciasen por escrito, e moitas máis quedaron sen poder facelo por enterarse fora de prazo.

Cada quen ten a liberdade de participar, ou non, nas eleccións sindicais con quen queira. Pero resultou que non, que non había consentimento.
Por se non fose abondo, as compañeiras e compañeiros que asinaron de boa fe e se sentiron enganados, ven como CCOO saca un panfleto de bochorno e ira onde di que esta xente foi ameazada e coaccionada (algo moi serio que terían que levalo ao xulgado de ser certo).

E de paso aproveitan para criticar que os delegados e delegadas da CIG imos cobrar a carreira profesional. Pois si, os delegados e delegadas da CIG que son funcionarios de carreira van cobrar o soldo base, os trienios, o complemento específico, o de destino e o complemento de carreira, que lles corresponde. E logo?

Candidaturas na provincia de Pontevedra (co número de sinaturas presentadas e as persoas coaccionadas):

 
Sindicato Persoas da candidatura presentada Coaccionados/as que renuncian
CIG 94 0
CCOO 78 23
CSIF 31 1
UGT 30 0