A CIG quere agradecer a confianza depositada no noso proxecto por parte dos/as traballadores/as desta Consellería, sabendo que se aproximan tempos difíciles nos que o Partido Popular vai querer implementar a súa política de privatizacións baixo a fórmula de externalizar servizos complementarios nalgúns centros, especialmente das áreas non sanitarias (cociñas, vixianza e ordenanzas), privatizar enteiramente outros centros (Souto de Leixa, centros de menores, etc) e integrar o resto na Axencia Galega de Servizos Sociais con persoal propio fóra do Convenio Colectivo.

Estes resultados significan tamén un aval ao V Convenio Colectivo, que está no punto de mira da Consellería e que é un impedimento para o estabelecemento da Axencia.

Temos un longo camiño que percorrer, no que vai ser fundamental o papel activo de todos/as traballadores/as na mobilización e defensa duns Servizos Sociais 100% Públicos.