A CIG aumenta a súa representación en 11 delegados/as pasando a ser a primeira forza sindical na Xunta de Galiza mentras que CCOO perde 22 e UGT 38.

Comparativa 2007-2011

CIG
CCOO
UGT
CSIF
2007
129
153
139
64
2011
140
131
101
96


RESULTADOS NAS XUNTAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E NOS COMITÉS DE EMPRESA DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALIZA

En canto a delegados dos comités de empresa, a pesares de baixar o número de delegados electos en 30 a CIG aumenta conseguindo un empate técnico con CCOO que baixa en 23 delegados/as mentras que UGT baixa 30 delegados/as.

nº delegados/as
CIG
CCOO
UGT
CSIF
Outros
Xuntas de Persoal
42
26
16
35
4
Comités de Empresa
98
105
85
61
1
Total delegados/as
140
131
101
96
5


COMITÉ INTERCENTROS E MESAS DE NEGOCIACIÓN

Deste xeito a CIG aumenta tamén a súa representación no Comité Intercentros pasando de 3 a 4 dos 13 membros e consolidando a súa maioría nas mesas Sectorial de Funcionarios e Xeral de Negociación dos Empregados Públicos.


CIG
CCOO
UGT
CSIF
Outros
Comité Intercentros
4
4
3
2

Mesa Sectorial de Funcionarios/as
5
3
2
5

Mesa Xeral de Empregados Públicos
5
4
3
2
1


Dende a CIG-Autonómica queremos agradecer a participación de todos os traballadores/as da Administración Autonómica, especialmente daqueles que depositaron a súa confianza en nós.

Unha confianza renovada que nos leva a asumir unha maior responsabilidade na loita pola defensa dunha Administración Pública, galega, profesional, de calidade e ao servizo dos cidadáns nuns momentos nos que os maiores perigos para a Administración Pública proceden das políticas privatizadoras e de recortes dos gobernos do Estado e da Xunta de Galiza: política de privatizacións dos Servizos Sociais Públicos, externalizacións, contratacións de asistencias técnicas, recortes salariais e reducción do persoal da Administración.

Os resultados obtidos pola CIG deberían facer reflexionar ao goberno de Feijoo sobre as súas políticas de desmantelamento do Público e sobre o sentir e vontade clara dos empregados/as públicos/as.

Finalmente, nestes catro anos imos seguir a defender de forma clara a dignificación da Función Pública como centro dunha Administración ao servizo dos cidadáns, onde os empregados/as públicos/as son a clave de que eses servizos se presten coa calidade e profesionalidade necesaria á cidadanía galega.