Eleicións sindicais

A CIG presenta demanda no xulgado contra a Xunta de Galiza, CSIF, CCOO e UGT, ante a fraude electoral argallada pola que non se establecen mesas fixas e itinerantes que permitan o voto en igualdade de condicións a todo o persoal funcionario nas eleccións sindicais da provincia de Ourense.

Así reclamamos agora ante a xustiza que se garanta o dereito de participación do persoal nas eleccións sindicais, posibilitando o voto nos centros de traballo e evitar traslados de mais de 100 km de distancia, co risco e o prexuízo que iso supón para as funcionarias e funcionarios da nosa provincia.

Imos ao xulgado logo da resolución negativa do laudo arbitral da semana pasada no que confirmaron que unicamente vai a haber mesas na cidade de Ourense porque así foi demandado pola maioría sindical. Alí a CSIF, CCOO e UGT argumentaron cuestións diversas como que o persoal vive en Ourense aínda que traballe en outras localidades, que o centro indicado é unicamente de referencia pero que traballan en Ourense e ata que non son necesarias e que incluso que lle facían un favor a xente que así viñan dar un paseo.

A CIG Presentou unha reclamación e o xoves 28  ás 13:00 horas está prevista unha arbitraxe.

Ourense, 27 de febreiro de 2019.- A CIG-Autonómica de Ourense defenderemos, no acto de arbitraxe previsto para o vindeiro xoves, día 28 de febreiro, ás 13:00 horas en Ourense, o dereito a voto das/os preto de 400 funcionarias/os que non poderán participar no proceso de eleccións sindicais ao non habilitarse nin mesas itinerantes, nin mesas nas súas localidades, nin facilitarse o seu desprazamento a Ourense.

Así impugnamos e reclamamos un procedemento arbitral no que solicitamos o amparo pola fraude electoral argallada entre CSIF, CCOO, UGT e a Xunta de Galiza.

Por acordo de CSI-F, CCOO e UGT, non haberá mesas fixas no Barco e en Verín nin itinerantes que pasen polo resto de centros.

Así, para exercer o teu dereito ao voto o día 11 de abril, terás que acudir a cidade de Ourense.

A xunta está obrigada a proporcionarche medio de transporte adecuado en horario laboral, dentro do horario de votación (de 9 a 14:30 horas).

No caso de que o horario de votación non coincida coa túa xornada laboral, terán que facer unha compensación horaria.

Dende hai uns días xa están nos taboleiros de anuncios os censos provisionais do persoal funcionario que poderá exercer o voto nas vindeiras eleccións do 11 de Abril.

Facemos un chamamento a que revises os teus datos e xa adiantar que hai problemas cos departamentos que van votar na mesa itinerante (mal recollidas por exemplo o persoal de Cultura do Gaias).

Podes enviarnos as túas alegacións tanto fisicamente ao local sindical como ao enderezo cig.sscc@gmail.com; temos de prazo ata o 28 deste mes; ou dilixencialas persoalmente ante función pública.

Para as eleccións sindicais de delegados/as para a Xunta de Persoal Funcionario na provincia de Ourense, previstas para o vindeiro 11 de abril, non se prevén mesas de votación nin fixas nin itinerantes fora da cidade de Ourense, deixando por exemplo a Viana, O Barco de Valdeorras, Verín, Bande ou o Carballiño sen sequera unha mesa. Dende a CIG-Administración Autonómica de Ourense denunciamos que máis de 1.400 funcionarios e funcionarias repartidos en mais de 150 centros de traballo na provincia, terían que desprazarse á cidade de Ourense para poder exercer o seu dereito a elixir a seus representantes sindicais.

Non ten os mesmos dereitos unha compañeira do Barco de Valdeorras que de Ourense? Imaxinas que o persoal de Santiago tivese que ir votar á Coruña?

Para as votacións ao Comité de Empresa do persoal laboral dos servizos centrais, que van ser o xoves 13 de decembro, trasladamos a seguinte información de Función Pública sobre os percorridos e horarios dos autobuses.

O minibús contratado será da empresa Rías Baixas, levará un cartace identificativo (eleccións sindicais laborais Xunta de Galicia). O horario é aproximado, pode variar uns minutos en función do tráfico.

O vindeiro 13 de decembro o persoal laboral dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza temos unha cita para participar nas nosas eleccións sindicais e elixir o Comité de Empresa que nos vai representar nos vindeiros catro anos.

É o momento no que todas e todos podemos expresar a nosa opinión e participar votando por aquelas persoas que van defender os nosos intereses durante eses catro anos de intenso traballo e de recuperación de todos os dereitos que levamos perdendo nos últimos anos.

Podemos dicir que os obxectivos laborais son todos aqueles que atinxen á traballadora e ao traballador dentro do centro de traballo, aínda que a separación entre os obxectivos laborais e os obxectivos políticos ás veces non está clara, xa que existe un nexo, máis aínda no caso do persoal empregado público, cando o tema salarial se converte nunha decisión de goberno.

Coa CIG somos máis fortes na Administración Pública

Folleto informativo coas propostas e a candidatura da CIG: descargar.

A CIG obten un total de 51 delegados/as entre as cinco Xuntas de Persoal

O xoves 16 de abril celebráronse as eleccións ás Xuntas de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza nas catro provincias e en Servizos Centrais. A CIG obtén un total de 51 representantes no total da Galiza o que supón un incremento de 9 delegados/as. Estes son os datos desglosados co formato "resultado 2015 (resultado 2011)":

  CIG CSIF CCOO UGT Outros Total
Pontevedra 16 (10) 3 (6) 3 (4) 3 (3) 0 (2) 25 (25)
Servizos centrais 11 (10) 5 (7) 5 (6) 4 (4)   25 (27)
Lugo 10 (8) 6 (7) 3 (4) 4 (4)   23 (23)
A Coruña 10 (8) 5 (7) 6 (5) 4 (3) 0 (2) 25 (25)
Ourense 4 (6) 12 (8) 5 (7) 2 (2)   23 (23)
Total 51 (42) 31 (35) 22 (26) 17 (16)  

121 (123)

 

Este xoves, 16 de abril,  os funcionarios e funcionarias de Ourense imos a escoller as persoas que formarán parte  dos nosos órganos de representación sindical, a Xunta de Persoal.

Estan a suceder cambios importantes promovidos polo goberno da Xunta, cambios que afectan as relacións laborais dos empregados públicos, chega con botarlle unha ollada á Lei do Emprego Público de Galiza que está hoxe no Parlamento.
Resulta inprescindible xuntar forzas para facer unha confrontación forte e valente que non permita o desmantelamento do sector público.

O 16 de abril es libre de exercer o teu dereito a votar ou absterte. O que fagas marcará a liña de actuación sindical que imos ter na Administración Autonómica nos vindeiros catro anos. Se merecemos a túa confianza, vota CIG.

Nesta ligazón tes a nosa candidatura e varios artigos relacionados.

Descargar

Candidatura da CIG ás eleccións á Xunta de Persoal na provincia de Pontevedra. Imaxe cos 25 primeiros postos.

Podes ver a candidatura completa (90 compañeiros e compañeiras) no noso boletín extraordinario, co seguinte contido:

  • 2011-2015. Catro anos de desfeita (extenso repaso de cinco páxinas a algúns dos feitos que ocorreron nestes catro anos)
  • A CIG, un compromiso serio e honesto
  • Ideas xerais do que defendemos
  • Mesas de votación, horarios e ámbitos
  • Candidatura da CIG
  • Consellería e localidade das 90 persoas que formamos a candidatura.
  • Foto das 25 primeiras.

Descargar Xanela.

Os centros de traballo con mesa electoral facilitarán o acceso con vehículos. Nomeadamente, por ser compricados:

  • O IES Santa Irene (Vigo) manterá a cancela aberta.
  • No Edificio Administrativo de Vigo haberá dúas prazas para deixar os vehículos polo tempo necesario para votar.
  • No Edificio Administrativo de Pontevedra tamén estará habilitado o aparcamento para poder votar.