Eleicións sindicais

Candidatura da CIG ás eleicións de representantes na Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza na provincia da Coruña.

O noso compromiso coa defensa dos intereses colectivos.

Descargar.

Candidatura da CIG ás eleicións de representantes na Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza na provincia de Lugo.

Descargar candidatura completa.

O traballo na Xunta de Persoal (na última páxina do Lugotín)

Data de votación: 16 de abril de 2015

Exposición do censo provisional: entre 9 de febreiro e 2 de marzo. Dentro dese intervalo, podes:
- Reclamar a túa inclusión no censo ou corrixir erros.
- Solicitar cambio de mesa de votacion.

Lugares e horarios de votacion:

Mesa Itinerante Norte
Lalín: de 9:30 a 12:00, no IES Ramón Mª Aller Ulloa
A Estrada: de 13:00 a 15:30, no IES García Barros

O vindeiro 4 de decembro, o persoal laboral de servizos centrais da Xunta de Galiza elexiremos a quen nos representarán nos próximos catro anos no Comité de Empresa. Cómpre ter un comité de empresa forte para loitar contra as agresións que estamos a sufrir o persoal laboral por parte da administración. E un comité forte pasa por un comité con maioría da CIG. Na CIG presentamos dúas canditaturas, técnicos e especialistas, plurais, nas que conflúen todo tipo de persoal laboral, porque entendemos que hai que defender a todo o persoal laboral sen distinción.

Por iso, ESTE 4 DE DECEMBRO PARTICIPA VOTANDO POLA CIG!

Despois de gañar as elección sindicais ás Xuntas de Persoal funcionario, celebradas o día 14 de abril onde a CIG obtivo 42 delegados aumentando en 9 respecto ao 2007, e consolidándose como primeira forza sindical, no día de hoxe veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da Xunta, que comezaron en novembro nas consellaría de Facenda e de Economía e Industria, e remataron hoxe coas eleccións ao comité de empresa de Sanidade en Ourense onde a CIG entra por primeira vez cun delegado dos cinco elixidos.

COMPARATIVA ENTRE OS RESULTADOS DO 2007 E DO 2011

A CIG entra de novo no comité de empresa da Consellaría de Traballo e Benestar na Coruña e o fai como primeira forza sindical, despois de estar 4 anos fóra do comité.

Despois deste resultado, a CIG pasa de ser a terceira forza nesta Consellaría a ser a forza máis votada e con máis número de delegados.

A CIG foi a forza máis votada na Coruña, Lugo e Ourense. Na provincia de Pontevedra consolídase como segunda forza, mantendo o mesmo número de delegados que no 2007, mentres que UGT perde dous delegados.

En conxunto, e despois dos resultados de Coruña, a CIG obtén 28 delegados en 2011, fronte aos 21 que tiña en 2007.

O día 19 realizáronse as eleccións aos comités de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Ourense e Pontevedra. A CIG consolídase como a forza maioritaria obtendo 20 delegados e gañando as eleccións en Lugo e Ourense. As eleccións ao comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña realizaranse o vindeiro mércores 15 de xuño.

 Os resultados son os seguintes:


CIG

CCOO

UGT

CSIF

INDEP

LUGO

7

3

6

4

1

OURENSE

7

5

4

1


PONTEVEDRA

6

5

7

5


TOTAL

20

13

17

10

1

A CIG sube 9 delegados/as tendo un total de 42 entre as cinco Xuntas de Persoal.

Hoxe, 14 de abril celebráronse as eleccións das Xuntas de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza nas catro provincias e en Servizos Centrais.

A CIG obtén un total de 42 representantes no total de Galiza. Cun censo de 11.300 funcionarios/as e unha participación media do 40% a CIG sube de 33 a 42 delegados/as. Os resultados desglosados son os seguintes:

Sabías que certas medidas que restrinxen os nosos dereitos tiveron apoio sindical? Unha acción sindical seria implica levar adiante negociacións e medidas que beneficien aos/as funcionarios/as. Pero tamén implica saber dicir NON cando as medidas propostas son lesivas para os intereses dos/as funcionarios/as.

Entre as primeiras A CIG TEN NEGOCIADO, MOITAS DAS VECES POR INICIATIVA PROPIA, MEDIDAS E ACORDOS BENEFICIOSOS AOS QUE VOTOU A FAVOR na Comisión de Persoal, como o Fondo de Acción Social, o Acordo de centros de ensino, o Acordo retributivo 2006-2009, as pagas extras completas, o Acordo para que as xefaturas de Servizo pasaran a concurso, etc.

Pero hai veces que os sindicatos teñen que dar un rotundo NON a medidas que intentan recortar dereitos, privatizar a Administración ou que dan lugar a situacións inxustas. Para que teñas coñecemento de qué votou cada quen e formes a túa opinión aquí tes a seguinte táboa:

O 14 de abril (fermosa data republicana), o persoal funcionario da Administración Autonómica imos elixir aos membros das Xuntas de Persoal e a quenes nos van representar nas mesas de negociación durante os próximos catro anos cun panorama que non é precisamente do mais optimista. A CIG presenta candidaturas amplas e variadas, con xente nova e xente experimentada, pero todos e todas con gañas de traballar, con ilusión e coas ideas claras.

Quen está e quen vai estar aí cando o precises? Co teu voto podes axudar a frear as agresións que os funcionarios e funcionarias estamos a padecer. O teu voto vai decidir quen queres que te defenda nestes momentos difíciles onde a Administración Pública tal e como a coñecemos pode desaparecer.

VOTA CIG


Descarga Boletín Especial