Coa formalización deste contrato, o IGE está a entregar ao sector privado un servizo público, posto que eses traballos ben poderían ser realizados polo persoal enquisador do propio IGE ou, de non ser suficiente o dito persoal, podería botar man da lista de contratación propia deste colectivo pertencente ao grupo III, categoría  103 (entrevistador/a-enquisador/a).  Con estes feitos, a administración galega continúa na súa tarefa de aniquilación dos servizos públicos e ao tempo mantén a fraude que supoñen as listas de contratación, a través das cales moitas persoas agardan acceder a un posto de traballo logo de ter aboadas unhas taxas.

Dende a CIG-Autonómica manifestamos de novo o noso rexeitamento á privatización dos servizos públicos así como a fraude que supoñen actualmente as listas de contratación. Esiximos unha rectificación na política privatizadora da Xunta así como unha defensa firme do emprego público. Ao tempo, lembrámoslle a Función Pública que aínda ten pendiente a necesaria reforma do decreto 37/2006, que regula as listas de contratación.