Non se trata exclusivamente dunha cuestión de austeridade, trátase dun cambio de modelo político, dunha redución da Administración pública tal e como iniciou a finada Margaret Thatcher na Europa dos 80s. Destrúese emprego público e véndese os servizos rentábeis a empresas privadas que se lucran coa precarización laboral dos seus traballadores e redúcese de xeito xeneralizado a calidade do servizo. Efectivamente, para que 4 persoas vivan máis felices e máis ricas, lucrándose co que era o noso traballo, a gran maioría social empeoramos a nosa calidade de vida; traballamos máis por menos e con menos e peores servizos públicos.

Defende o público, defende o teu posto de traballo!

 

Contrato do servizo de limpeza nos centros dependentes da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (área de Cultura)

Élite Gallega, S.L. 108.779,00 €, IVE incluído

Cómpre recordar que na última proposta de modificación da RPT de Cultura, xustificouse a eliminación de dous postos de persoal laboral fixo nos centros dependentes desa xefatura territorial baixo a seguinte xustificación:

Na actualidade os servizos de limpeza dos centros son obxecto de contratación administrativa a empresas alleas á propia administración que contan co seu propio persoal.

CU.C99.10.000.36001.031

Limpador/a, Grupo V, categoría 11, a media xornada. Praza ocupada con carácter definitivo por persoal laboral fixo. A /o titular quedará na situación prevista no artigo 7.a.7. do V Convenio Colectivo Único.

CU.C99.10.000.36001.033

Limpador/a, Grupo V, categoría 11, a media xornada. Praza ocupada con carácter definitivo por persoal laboral fixo. A /o titular quedará na situación prevista no artigo 7.a.7. do V Convenio Colectivo Único.

É a tónica xeral: primeiro amortizan postos (ocupados ou non) e despois, como non hai suficiente persoal propio, xustifícase a contratación dun servizo externo.

Contratación do servizo consistente na análise, deseño e desenvolvemento dun sistema de información que dea cobertura ao Rexistro Galego de Comercio

Indra Sistemas, S.A. 112.530,00 (IVE incluído)


Contratación do servizo de mantemento evolutivo da aplicación de orientación laboral do Servizo Público de Emprego de Galicia

Bahía Software, S.L. 79.741,43 (IVE incluído).

Contratación do servizo de mantemento evolutivo da aplicación de intermediación laboral (SICAS) do Servizo Público de Emprego de Galicia

Altia Consultores, S.A. 522.290,45 (IVE incluído).