Xa facíamos a brincadeira na contra do Boletín de SSCC deste mes sobre o de "Funcionario: faite emprendedor!" O maior éxito para traballar na Xunta actualmente é por parte das empresas privadas e consultorías, asesorías e demáis familia, que son as favoritas pois tanto valen para un roto como para un descosido. Total, se non aproveitan o coñecemento das nosas mozas e mozos, das nosas investigadoras e investigadores, que tiramos para o lixo ou mandamos para Alemaña, como non van tirar ao lixo o coñecemento das traballadoras e traballadores públicos.

E non preguntemos se podemos axudar nalgo porque a transparencia brilla pola súa ausencia: os convenios son así, excepto o nome, o custo e a data de sinatura, o resto é tan segredo de Estado maior como en que gasta a súa asignación a Casa Real; tan segredo que nin o Parlamento pode ter acceso a maioría do contido destes.

Montar unha consultoría é unha grande oportunidade, se traballas coa Xunta, basta só con mirar os prezos, que parece que sae máis caro redactar, proxectar, asesorar ou informar que facer; se é que finalmente se fai algo porque xa sabemos que en austeridadá, máis que nunca, impera o vender fume. E para isto resulta moi apropiadas as campañas de publicidade institucional.

"Vente ao rural sen renunciar a nada"

Iste podería ser o logo da campaña da axencia gañadora do último concurso de publicidade institucional de Medio Rural por valor de 180.000€. A campaña do Plan de Desenvolvemento Rural de Medio Rural que quere mercar a Xunta ten como obxectivo dar publicidade das "oportunidades de vida e emprego que ofrece o rural galego sen renunciar a nada"... en fin, lixo publicitario para vender o moito que fan no noso rural as Administracións que financian este autobombo: Xunta e Unión Europea. E preguntamos: cantos copagos de farmacia hospitalaria de enfermedades crónicas se precisan para convencernos do ben que está o rural galego?