Fondo Acción Social

Está previsto que o vindeiro 8 de maio se publique no Diario Oficial de Galicia os criterios de reparto do FAS-2016. Outro ano máis o FAS tan só terá unha modalidade: axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Os prazos do FAS 2016 son os seguintes:

  • Do 8 de maio ao 30 de maio (inclusive): prazo para realizar a instancia na web e presentala no correspondente servizo de persoal.
  • Do 31 de maio ao 20 de xuño (inclusive): prazo para a certificación da instancia polos correspondentes servizos de persoal.
  • Do 21 de xuño ao 11 de xullo (inclusive): prazo para presentar a solicitude conformada polo servizo de persoal e a demais documentación.

Como outros anos, non é necesario esperar ao remate do primeiro prazo para facer o resto dos trámites.

Desde a CIG seguiremos loitando pola recuperación de todas as axudas de antes da crise e aumentalas progresivamente.