Fondo Acción Social

No DOG núm 72 do venres 13 de abril de 2018 publicanse os criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Resaltar que continúa recortado pola aplicación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 44, do 2 de marzo), que establece no seu artigo 3.1 o seguinte: «suspéndese para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei a convocatoria, a concesión ou o aboamento de calquera axuda derivada do concepto de acción social, así como calquera outra que teña a mesma natureza ou finalidade, agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa, mentres estea en vigor esta lei».

Desde o mesma día da publicación no DOG, xa podemos completar en liña a solicitude e anexos que, como formulario electrónico, se atoparán na páxina web http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Posteriormente, presentararemos esa mesma solicitude impresa, debidamente asinada, ante as correspondentes unidades de persoal.

O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas será de 15 días hábiles contados desde o día da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resumo dos prazos:

Os prazos do FAS 2017 son os seguintes:

  • Do 13 de abril ao 4 de maio (inclusive): prazo para realizar a instancia na web e presentala no correspondente servizo de persoal.
  • Do 5 de maio ao 29 de maio (inclusive): prazo para a certificación da instancia polos correspondentes servizos de persoal.
  • Do 30 de maio ao 19 de xuño (inclusive): prazo para presentar a solicitude conformada polo servizo de persoal e a demais documentación.

Desde a CIG seguiremos loitando pola recuperación de todas as axudas de antes da crise e aumentalas progresivamente.