Fondo Acción Social

Publicada no DOG do 1/10/2018 a Resolución pola que se publican as listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas do FAS-2017 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galiza.

As persoas interesadas dispoñen de dez días hábiles para reclamar e emendar defectos.

A Lei 1/2012, de medidas temporais no emprego público de Galiza, suspendera o Fondo de Acción Social agás as axudas por persoas discapacitadas. Xa pasaron anos e o goberno de Feijoo mantén no tempo as medidas temporais (e iso que din que "la crisis es historia"). A CIG reclama a derrogación da Lei de medidas temporais e a restauración de todas as liñas de axuda que tiñamos no FAS e por un importe do 1% da masa salarial.