Fondo Acción Social

Achéganos Función Pública o borrador dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o 2012 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidades que, tralo recorte establecido pola Lei de medidas de 2012, foi ao que quedou reducido o FAS.

As persoas destinatarias destas axudas serían o persoal da Xunta que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme que sexan discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais recoñecidos como tales polo organismo competente antes do 1-1-2013.

No DOG do 13/09/2012 publicouse a resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2011, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Para a súa consulta, as persoas interesadas deberán facer a consulta na seguinte páxina web; é necesario introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Tal e como avanzábamos, no DOG do 18/05/2012 publicáronse os criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2011 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidades. Para obtar a axuda deberase cumprimentar a solicitude pinchando aquí. Correción de erros.

O prazo para cubrir a solicitude así como para presentala ante a unidade de persoal correspondente é de 15 días hábiles e remata o día 4 de xuño.

Segundo nos informan dende Función Pública, o venres 18 de maio está prevista a publicación no DOG. Como xa sabedes, logo do machetazo da Lei de Medidas, só está previsto para o concepto de axudas para persoas con discapacidades, cun límite máximo de 180 €.

O último borrador que temos podédelo descargar aquí.

No DOG do 30 de abril de 2012 publicase a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013. O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, será desde o 2 ao 16 de maio, ambos os dous incluídos.

A Xunta pon a disposición do seu persoal a escola infantil 0-3 de Vite (Santiago de Compostela), a escola infantil 0-3 do Complexo Administrativo da Xunta en Vigo e a escola infantil 0-3 do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra. Porén, para o persoal de centros doutras localidades parece que a Xunta non é consciente de que existen as mesmas necesidades de conciliar a vida familiar e laboral. Fóra de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra, non hai nin escola infantil no edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas.

Achéganos a Administración os criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio 2011, do que queda despois da amputación realizada pola aplicación da Lei 1/2012 de medidas no emprego público en Galiza. Tal e como estabelece o artigo 3 desta lei, suspéndese toda axuda en concepto de acción social, salvo as axudas para persoas con discapacidades, que non poderá exceder de 180€.

A xuntanza terá lugar o vindeiro venres, 20 de abril. Podedes achegar as vosas consideracións ao noso correo, entre as que entendemos que figuren algunha como: que megaconstrución absurda, que indulto ou que campaña publicitaria se estará financiando cos cartos que nos roubaron.

Descargar bases

No día de hoxe ingresos do Fondo de Acción Social e maila emisión das nóminas. Moitas compañeiras e compañeiros observaron estrañados unhas porcentaxes de retención inusuais que chegaron nalgúns casos ao tipo máximo do 45%.

Esta situación extraordinaria produciuse porque o CIXTEC regularizou o IRPF anual unicamente na nómina de abono do Fondo de Acción Social. A consecuencia é que o impacto relativo pode chegar a ser extraordinariamente alto xa que a algunhas persoas aplícaselle o tipo máximo de IRPF (45%). Porén, a regularización do IRPF anual, de corresponder, ten a mesma consecuencia absoluta que de terse feito na nómina mensual.

Está xa listo o texto definitivo do Fondo de Acción Social do 2011. A súa publicación no DOG está prevista antes de rematar decembro. Con respecto ao borrador inicial efectuáronse modificacións en materia de vivenda, de axudas para persoas discapacitadas e nas distintas datas de presentación.

  • Axuda de persoas discapacitadas: baixa o tope da discapacidade ao 75% para percibir o 100% axuda.

  • Axuda para vivenda: ábrese a axuda a todo o persoal laboral ou funcionario que na data da publicación este de alta coma empregada/o da Xunta de Galiza e leve traballando un ano de xeito ininterrompido.

  • Prazo de presentación: desde a súa publicación até o 30/01/2011.

Descarga o borrador (os cambios aparecen resaltados en vermello)

Modificación de última hora (por requirimento da Intervención): A renda familiar calcularase sumando o importe íntegro dos rendementos obtidos durante o exercicio 2010 por todos os membros da unidade familiar.

O 30/11/2011, a Administración vén de achegar ás organización sindicais a proposta de criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2011, que se tratarán na xuntanza prevista para o vindeiro venres 2 de decembro de 2011.

Podedes trasladarnos as vosas alegacións ou consideracións a través do correo autonomica@cigadmon.gal

Descargar a proposta de criterios de repartición do FAS 2011

No DOG do 29/11/2011 anúnciase a exposición das listas definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do 2010 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galiza.

Para comprobar as axudas do FAS 2010 hai que pinchar no seguinte enlace da Función Pública, onde debes introducir o NIF e máis o código de impresión da solicitude.

O prazo para presentar reclamacións contra as listaxes definitivas farase mediante recurso de alzada perante a conselleira de Facenda no prazo de 1 mes.