Fondo Acción Social

No DOG do 11/10/2011 publícase a resolución pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2010 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

Por motivos de protección de datos de carácter persoal, o resultado provisional de axudas concedidas e denegadas é de acceso persoal a través da seguinte páxina web. Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da solicitude.

Dase un prazo de 10 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para presentar reclamación ou emendar os defectos.

No DOG do 6 de maio de 2011 sae publicada a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal de Servizos Centrais e dos Complexos Administrativos da Xunta en Vigo e Pontevedra.O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, será desde a data de publicación desta orde ao 16 de maio, ambos os dous incluídos.

É vella xa a reivindicación desta central sindical de conseguir unha gardería no propio complexo administrativo de SSCC que cubra a enorme demanda que hoxe por hoxe desborda na gardería de Vite. Porén, peor é a situación do resto de persoal da Xunta que non poden acceder a este beneficio social por non haber nin escola infantil no edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas. 

Demandamos tamén a extinción do contrato de xestión privada na escola de Pontevedra e a cobertura dos postos de traballo con persoal propio.

Accede á información da convocatoria

No DOG do 9/02/2011 publicase a resolución do acordo do Fondo de Acción Social do 2010. Solicitudes electrónicas na páxina web de Función Pública.

  • Prazo para realizar a solicitude electrónica e presentala á correspondente unidade de persoal unha vez impresa para a súa validación: até o 28/02/2011
  • Prazo dos validadores para devolveren as solicitudes conformadas: até o 25/03/2011
  • Presentación das solicitudes conformadas: até o 20/04/2011

A CIG solicita que se devolvan as cantidades indebidamente retidas do Fondo de Acción Social 2009 en concepto de gastos sanitarios e que se tomen as medidas oportunas para que isto non volva a acontecer no do 2010.

Descarga o modelo de solicitude individualizada.

No pagamento do Fondo de Acción Social 2009, ingresado o pasado mes de decembro de 2010, descontouse, por vez primeira, unha cantidade correspondente á cotización do IRPF. Tendo en conta as propias normas tributarias recollidas no artigo 17.1 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, as axudas económicas constitúen, en principio, rendementos do traballo para os seus perceptores e están deste xeito suxeitos ao Imposto da Renda das Persoas Físicas.

Malia isto, como xa Función Pública coñecía e a CIG lle advertiu, a Axencia Tributaria conta cun mecanismo de resposta ás consultas de materia tributaria formuladas perante esa administración que, segundo o apartado 1 do artigo 89 da Lei 58/2003, de 17 de decembro,  Xeral Tributaria teñen carácter vinculante. Na resposta a unha destas consultas, vincultantes establecese claramente que non están suxeitos a retención os ingresos do FAS para gastos sanitarios non cubertos pola Seguridade Social.

O vindeiro luns 10 de xaneiro terá lugar a sinatura do acordo sobre os criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2010.

A novidade fundamental con respecto ao  2009 é a concreción do acordo achegado o pasado ano (1% da masa salarial en 2014) polo que hai un incremento orzamentario de un millon e medio de euros para este ano. As demáis modificacións son meras melloras técnicas que  permitan unha maior axilidade na súa tramitación.

A publicación no DOG está prevista que se faga en breve, tendo posteriormente ata o 28 de febreiro para cubrir telemáticamente as solicitudes.

A piques de rematar o ano, e sen os cartos do ano pasado ingresados, a Administración convocanos o día 20 de decembro para negociar os criterios de repartición do Fondo de Acción Social do 2010. Na seguinte ligazón podedes descargar a proposta que nos remiten. Do mesmo xeito, convidámosvos a participar nos nosos foros para expresar as vosas opinións.

Hoxe, 29/11/2010, foi publicada no DOG a resolución pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do fondo de acción social do exercicio 2009 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia. Para acceder á consulta da información hai que ir á seguinte páxina web. Dende alí, hai que completer o NIF, o ano do FAS (2009), código de impresión (figura na copia da solicitude) e un código numérico de confirmación. Contra esta resolución cabe recurso de alzada no prazo dun mes.

O próximo luns, 29 de novembro, publicarase no DOG a resolución definitiva do Fondo de Acción Social do 2009 segundo información facilitada pola Administración. Agardase tamén que os pagamentos se fagan efectivos neste ano.

Con máis de 2 meses de atraso, a partir do 9 de setembro estarán dispoñibles as listas provisionais do Fondo de Acción Social 2009.

O 6 de setembro a Dirección Xeral de Función Pública facía a primeira comunicación oficial ás persoas interesadas sobre o Fondo de Acción Social do 2009. Esta comunicación, a través de correo electrónico, informaba de que o 9 de setembro publicaríase no DOG o anuncio de exposición das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, incluíndo a causa de exclusión. A partir desa data poderase consultar a situación das  solicitudes vía web. Para realiza a consulta é preciso introducir o código de impresión da solicitude que se achega no mesmo correo electrónico.

A Dirección Xeral de Función Pública asegura que o atraso de 2 meses foi debido por estar a espera dos certificados dixitais do IRPF que estaban pendentes de achegar pola Axencia Tributaria. En todo caso, dende a CIG-Autonómica non entendemos que despois de publicar o FAS a comezos de xaneiro, as listas  provisionais saían 8 meses despois. A pesar da inversión en medios tecnolóxicos, cada vez os atrasos acumúlanse máis e danse situacións tan peregrinas como ter que desembolsar gastos do FAS do ano en curso cando aínda non se recibiu a subvención do ano anterior. Xa que logo, demandamos da Dirección Xeral de Función Pública unha maior axilidade na tramitación dos futuros FAS.

O xoves 6 de maio sairá publicada no DOG a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal de Servizos Centrais e do Complexo Administrativo da Xunta en Vigo. Esta orde fundaméntase nas necesidades de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das traballadoras e traballadores destes centros. Porén, dende a CIG-Autonómica somos conscientes de que esta necesidade afecta ao resto do colectivo de persoal da Xunta ubicado en centros que polo seu tamaño fan non só posible senón tamén necesario este tipo de servizos sociais. De todas e todos é coñecida a vella reivindicación desta central sindical de conseguir unha gardería no propio complexo administrativo de San Caetano que cubra a enorme demanda que hoxe por hoxe desborda na gardería de Vite.