Formación

EGAP vén de convocar esta xornada que ten como obxectivo que o alumnado afonde no desenvolvemento de novas habilidades de xestión do tempo, así como no coñecemento de diferentes técnicas dirixidas a mellorar a produtividade e reducir a tensión mediante o adestramento e práctica da atención plena.

Contidos: no desenvolvemento desta actividade mesturaranse técnicas de xestión do tempo, organización e xestión de espazos, con técnicas de mindfulness (atención plena), relaxación e meditación, todo iso enfocado a mellorar a nosa produtividade, eficacia e eficiencia.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, tanto das administracións públicas da Comunidade autónoma de Galiza, como dos seus entes instrumentais, e das universidades galegas.No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder calquera profesional interesado/a na materia.

A EGAP vén de convocar un curso monográfico estruturado arredor dos seguintes contidos:

  • A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable: antecedentes, obxectivos e metas.
  • Os 17 obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) como reto e oportunidade para as administracións públicas: implementación da Axenda 2030.
  • Alianzas e coordinación na Xunta de Galiza para conseguir a Axenda 2030: a Comisión Interdepartamental.
  • A Axenda 2030 en Galiza: diagnóstico do ámbito ambiental.
  • Cooperación local no mundo global: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • O proceso de implementación da Axenda 2030 e os ODS nas universidades galegas a través da Rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento (RGCUD).
  • A acción exterior no marco da Axenda 2030: o IV Plan director da cooperación galega.

A EGAP convoca un curso monográfico composto por 2 módulos diferenciados:

1. Dereito TIC: abrangue entre outros eidos, a protección de datos persoais, o comercio electrónico, a sinatura electrónica, a propiedade intelectual e os delictos tecnolóxicos.
2. Compliance: modelos internacionais de compliance, responsabilidade penal da persoa xurídica, aspectos procesuais do procedemento penal, a cultura do cumprimento normativo, prevención da corrupción etc.

Obxectivo: afondar no estudo do cumprimento legal (compliance) e do Dereito TIC tras a recente aprobación do seu marco normativo, tanto para España como para toda a UE.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das AAPP de Galiza (autonómica, local e da xustiza), dos seus entes instrumentais, e das universidades galegas, que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder os e as profesionais que estean en posesión das devanditas titulacións.
Lugar: EGAP, Compostela
Datas: 11, 13, 17 e 19 de xuño de 2019
Duración: 14 horas lectivas
Horario: das 16.00 ás 19.30 horas
Prazas: 50
Inscrición: dende as 08.00 h do 1 de xuño até as 23.55 h do 5 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información e documentación requirida: DOG núm. 102 do 31 de maio de 2019

No DOG do xoves, 9 de maio de 2019 publicase unha resolución da EGAP pola que se convoca o curso superior "As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica."

O obxectivo principal deste curso é abordar o estudo das citadas modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder os e as profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
Prazas: 80
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Datas: 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño; e 2 e 9 de xullo de 2019.
Horario: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).
Inscrición: desde as 8 horas do 10 de maio ata as 23 horas do 14 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula
Prezo: o importe da matrícula é de cen euros (100 €) para as persoas destinatarias que non teñan a condición de persoal empregado público que, no caso de ser seleccionadas, recibirán as instrucións para realizar o pagamento.

 

 

 

No DOG do 16/04/2019 publican a Resolución da EGAP pola que se convocan dous cursos para o persoal das entidades locais e do sector público autonómico. O prazo de solicitudes son dez días a partir do seguinte ao da publicación no DOG.

Estes son os cursos:

  • Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais. 27 horas.
  • Os recursos administrativos na nova Lei 39/2015. 21 horas.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou no DOG do 25/03/2019 a Resolución pola que convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 26 de marzo ao 25 de abril, inclusive. As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Resumo da xuntanza celebrada o día 27 de febreiro na AGASP na que se fai a proposta para axentes medioambientais para o 2019 no marco dos compromisos acadados no Acordo de condicións de traballo asinado logo da folga de axentes do 2018, convocada pola CIG e UGT.

A esta xuntanza asistiron representantes da consellería de Medio Rural e das consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e delegados de todas as organización sindicais, coa ausencia da CSIF.

A EGAP convocou o programa de autoformación correspondente ao ano 2019, dirixido a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma.

Os contidos dos cursos estarán dispoñíbeis dende o 19 de febreiro ata o 20 de decembro. A matrícula estará dispoñíbel ata o día 18 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información: DOG do 18/02/2019

A EGAP publica no DOG do 19/02/2019 a Resolución pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público e outros colectivos.

Os cursos serán realizados mediante a modalidade de teleformación, e serán os seguintes:

  • Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga (60 horas de duración).
  • Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico (60 horas de duración).

A solicitude hai que facela do 20 ao 28 de febreiro, e será cumprimentando o formulario de matrícula telemática dispoñíbel en https://egap.xunta.gal/
matricula

No DOG do 12 de febreiro foron publicadas as accións formativas da EGAP dirixidas a persoal empregado público, tanto de ofimática como de idiomas. O prazo de matrícula remata o 20 de febreiro. Como sempre a través da zona de matrícula da EGAP.

As accións van dirixidas a persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).