Poderán participar nas probas convocadas por esta resolución os empregados e empregadas públicos destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopan en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, os días 18, 19, 20 e 21 de xuño e 16 e 17 de outubro de 2012, das 9.00 ás 15.00 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

O persoal que desexe participar nas probas de avaliación libre dos cursos convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemático na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es