Desde a CIG consideramos que non existen razóns que desaconsellen a accesibilidade dos contidos correspondentes ás citadas probas de acceso libre aos empregados públicos seleccionados para a realización das mesmas. Para isto abondaría, por exemplo, con abrir os contidos dos cursos aos empregados públicos rexistrados na plataforma de teleformación da EGAP.

Por estas razóns, en aras de dar cumprimento ao dereito á formación recollido no artigo 14.g) do Estatuto básico do empregado público, a CIG vén de dirixirse á EGAP para que se abra o acceso aos contidos da plataforma de teleformación da EGAP correspondentes ás probas de acceso libre convocadas pola Resolución do 24 de abril de 2012, permitíndolles o acceso aos ditos contidos aos empregados públicos que así o desexen.

Descargar o escrito dirixido á EGAP o 11/05/2012