Para preinscribirte nos cursos de teleformación, preme na seguinte ligazón e selecciona os da túa Federación:

Lembra que no plano Interadministrativo, de carácter anual, débese renovar a preinscrición para cada convocatoria, ao contrario do que sucede coa oferta global, na que as preinscricións son xenéricas para todas as convocatorias interanuais. É dicir, aínda que te teñas preinscrito en anos anteriores, se queres ter a posibilidade de acceder aos cursos da Área Pública do 2012, debes preinscribirte de novo.

Para ampliar información sobre os requisitos e criterios de selección da convocatoria Interadministrativa, por favor, diríxete á Delegación Territorial da forGA que che corresponda. Atoparás os datos de contacto no apartado Rede de centros.