O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Poderán participar nas probas convocadas por esta resolución os empregados e empregadas públicos destinados na Administración autonómica de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos de Administración xeral.

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, os días 17, 18, 19 e 20 de xuño de 2013, das 9.00 ás 15.00 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

O calendario de desenvolvemento das probas será o seguinte:

Datas

Accións formativas

Prazas

Horario

17.6.2013

Aplicacións informáticas de bases de datos (OpenOffice)

50

1ª quenda: das 9.00 ás 11.00

Aplicacións informáticas de bases de datos (Microsoft office)

100

1ª quenda: das 11.00 ás 13.00

2ª quenda: das 13.00 ás 15.00

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice)

100

1ª quenda: das 16.30 ás 18.30

2ª quenda: das 18.30 ás 20.30

18.6.2013

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office)

150

1ª quenda: das 9.00 ás 11.00

2ª quenda: das 11.00 ás 13.00

3ª quenda: das 13.00 ás 15.00

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice)

100

1ª quenda: das 16.30 ás 18.30

2ª quenda: das 18.30 ás 20.30

19.6.2013

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft office)

150

1ª quenda: das 9.00 ás 11.00

2ª quenda: das 11.00 ás 13.00

3ª quenda: das 13.00 ás 15.00

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas (Microsoft office)

100

1ª quenda: das 16.30 ás 18.30

2ª quenda: das 18.30 ás 20.30

20.6.2013

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas (OpenOffice)

50

1ª quenda: das 9.00 ás 11.00

S.O., busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

150

1ª quenda: das 11.00 ás 13.00

2ª quenda: das 13.00 ás 15.00

3ª quenda: das 16.30 ás 18.30

S.O., busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Linux)

50

1ª quenda: das 18.30 ás 20.30

O persoal que desexe participar nas probas de avaliación libre dos cursos convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemático na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es