No DOG do 27/02/2014 publícase a Resolución do 20 de febreiro de 2014 pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, de teleformación ou de acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de marzo ás 14:00 horas e ten que facerse a través do portal da EGAP (http://egap.xunta.es/matricula).