A páxina http://egap.xunta.es/ fixo pública a convocatoria extraordinaria de dous cursos de Formación Continua, e ábrese o prazo ata o 3 de novembro ás 14:00 h.

Os cursos convocados son:

- PRESENTACIONS EFICACES  a desenvolver os días 19, 23, 25 e 26 de novembro e 15, 16 e 17 de decembro; en horario de 17:00 horas a 20:30 horas. As prazas ofertadas son 15 e as horas lectivas 25.

- CURSO SOBRE TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN PARA FALAR EN PÚBLICO   a desenvolver os días 14, 15, 16, 17, 21 e  22  de decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. As prazas ofertadas son 15 e as horas lectivas 17.