A CIG, oponse e rexeita que os traballadores e traballadoras teñan que pagar a formación para dar un mellor servizo a cidadanía. A CIG considera que a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos González, que está nestes momentos en funcións, non debe, non pode convocar este tipo de cursos, que xeran unha dobre discriminación entre empregados públicos: agora, en base á súa economía, e no futuro, se estes cursos fosen baremábeis nos concursos de traslados.

A CIG considera que é unha creba institucional dos principios básicos de formación dos traballadores/as por parte da Xunta de Galicia, ao pretender cobrar por formar. Esiximos que se retiren inmediatamente estes dous cursos e que de agora en diante a EGAP comece a ser realmente aquelo para o que foi creado: unha verdadeira Escola Galega da Administración Pública e non un chiringuito para facer “caixa”.