No DOG do 02/02/2017 publícase unha Resolución pola que se publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

A execución das accións especificadas no anexo a esta resolución levarase a cabo de conformidade co crédito orzamentario dispoñible e co estipulado en cada convocatoria. Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula unha vez publicadas as correspondentes convocatorias no Diario Oficial de Galicia.