Non todo son boas novas, no DOG do xoves 9 de febreiro de 2017 a EGAP publica a convocatoria  dun curso superior sobre elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable, cun importe de matrícula de 350€, e un importe bonificado de 200€ para persoal funcionario e laboral da Xunta de grupos A1, A2, I e II.

Insistimos en que é totalmente inaceptábel que a formación se “oferte” unicamente ao persoal dos grupos superiores da administración, polo que rexeitamos este proceder da EGAP e esiximos que a formación se ofreza por igual a todos os empregados públicos. Dende a CIG entendemos que os recursos públicos da EGAP deben estar dirixidos á formación dos empregados públicos e non do persoal alleo á administración pública, aínda que sexa pagando.