O persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma de Galicia que desexe participar no Programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e que as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

O acceso as contidos pode facerse en calquera momento desde o 11 de abril ata o 30 de decembro de 2017 matriculándonos na web da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula.

Para matricularse nas probas de avaliación hai de prazo desde as 8 horas do 11 de abril ata as 14 horas do 20 de abril en http://egap.xunta.gal/matricula.

Coma en ocasións anteriores as probas de avaliación serán exclusivamente en Santiago de Compostela.