Os criterios de selección corresponden aos do Plan de formación no eido do tempo libre 2017 da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado seguindo a orde de prioridade:

1º. Posuír o titulo de monitor/a ou director/a de tempo libre.

2º. Ter o carné xove en vixencia.

3º. A orde de inscrición.

A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos Centros Territoriais do ISSGA nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP.