Como novidade importante para este ano, coa que se dá resposta a unha reiterada demanda do alumnado e da CIG, é a descentralización das probas de avaliación das actividades enmarcadas no plan formativo ofimático.

Convócanse 1900 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 8.00 horas do 17 de febreiro de 2018  e ata as 23.55 horas do 26 de febreiro de 2018. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a cinco.

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartirase nun 70 por cento para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, e nun 10 por cento para o persoal das entidades locais, 10 por cento para a Administración de xustiza de Galicia e outro 10 por cento para o persoal de administración e servizos das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).