Este camiño ven marcado polo simple seguimento do marco formativo inherente a esta categoría profesional e pola nosa pertenza á familia profesional de seguridade e Medio ambiente e aos servizos de emerxencias.

Todo isto avalado por leis e decretos elaborados polas propia administración - non son invencións da CIG - neste caso do estado, nas que nos afincamos para conseguir un Spdcif máis profesional e polivalente tal e como cremos que debe ser.

Esixirlle a unha administración - neste caso tamén empresa- que cumpra a lei, e algo  por desgraza demasiado habitual , pero xa o asumimos como tal.

No ano 2016, tal e como antes introducimos, conseguimos que se convocaran as cualificacións profesionais " operacións de vixilancia e extinción e apoio a continxencias do medio natural e rural".

Foi un primeiro paso moi importante. Pero xa daquelas, o noso verdadeiro obxectivo era conseguir para o Spdcif a formación que lle corresponde, é dicir a formación por parte da empresa nos módulos e unidades formativas que compoñen esa cualificación profesional.

O feito de que se imparta a cualificación profesional , e se lle facilite aos traballadores do Spdcif parécenos tamén interesante, por simple adecuación ao marco formativo europeo, pero neste caso xa é un problema  máis da Xunta que noso, si quere ou non estar dentro do marco legal que lle corresponde para coa Unión Euorpea, que espabilen se queren.

O que si convertemos nunha esixencia , e que logo de dous anos de ter iniciado este proceso, o persoal do Spdcif non recibira nin a primeira hora de formación nas unidades formativas que acompaña ás cualificacións profesionais recollidas no real decreto 624/2013 de 2 de Agosto .

Palpamos a vía parlamentar , xa que cremos que si fai dous anos estiveron de acordo na parte da cualificación profesional, e remataron instando ao goberno á súa realización, non hai lugar a que agora aconteza o contrario, xa que practicamente xa foi aprobado daquela.

Dende En Marea e BNG, acadamos o respaldo a nosa proposta de Pnl.

Dende o grupo do Partido Popular, logo dun primeiro cambio non recibimos nova data, e dende o PSOE non se puxeron en contacto con nós.

A CIG leva anos recorrendo en solitario este camiño , na aposta clara dende un primeiro momento dun Spdcif profesional, en continua formación, e adaptado as novas necesidades ás que nos enfronta ser un servizo de emerxencias.