Formación

A EGAP vén de convocar no DOG, ao abeiro do convenio subscrito con Vicepresidencia e a Amtega, unha formación práctica nas principais novidades do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia (Notifica.gal) e da Recepción electrónica do Sistema Único de Rexistro (Rexel).

O curso está dirixido a persoal empregado público que preste servizo na Administración pública da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, é de modalidade mixta (8h de teleformación e 4h presenciais a impartir 2h en dous días da mesma semana) e consta de 11 edicións, cuxas datas, horarios e lugares de celebración poden consultarse na resolución adxunta. Para cada edición hai un total de 25 prazas.

As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática da web da EGAP.Atención: aínda que a convocatoria fala dun prazo de 8 días naturais desde o seguinte á publicación no DOG e remataría xa que logo o 5 de xuño, na páxina web da EGAP poñen que o límite no 8 de xuño.