Desta vez, en abril deste ano 2018, a CIG levou ao parlamento unha PNL que esixía que os contidos que englobaban o certificado de profesionalidade fosen impartidos a tódolos traballadores do SPDCIF. Xa daquelas o grupo parlamentar do Partido Popular na xuntanza nos dixera que lles parecía apropiada e que ían asumila. solicitándonos entón unha memoria que desenrolara a tódolos efectos esta PNL.Contraditoriamente, logo de facer daquelas o noso traballo, cando EN MAREA presentou a PNL o Partido Popular votou en contra.

Varios meses despois, dentro das emendas ao proxecto de Ditame da comisión dos incendios, EN MAREA, voltou a rexistrar como emenda nº 30 de adición a proposta de formación plantexada pola CIG meses atrás, e desta vez foi asumida como resolución do ditame, acadando o compromiso de cumprimento.

Isto quere dicir que tal e como recollía a PNL presentada pola CIG, e a emenda plantexada por en Marea, a Xunta comprométese a impartir os módulos formativos estruturados e regulados no decreto 624/2013 de 2 de Agosto.

Así tal e como recollen ambos documentos, os módulos formativos a impartir serán:

  • M.F. 1964 _2 : Labores de vixilancia e detección de incendios forestais , mantementos de infraestruturas e información á poboación – 110 horas-.
  • M.F. 1965_2: Extinción de incendios forestais -150 horas-.