Formación

Desde CIG denunciamos en reiteradas ocasións a discriminación aos traballadores de Ourense. Mentres nas outras delegacións provincias da Xunta teñen aulas con espazo suficiente para un total de 21 postos informáticos completos, en Ourense témonos que conformar cun burato estreito onde só hai espazo para 10 postos informáticos máis o do docente.

Este burato estreito, sen luz e ventilación natural, con mesas e cadeiras amoreadas, é unha discriminación para o persoal de Ourense. A cousa aínda é máis grave para as persoas con mobilidade reducida.

Primeiro conseguimos a descentralización dos exames da EGAP, sobre todo do plan ofimático. Tamén grazas a nosa insistencia conseguimos a descentralización de actividades mixtas de Tramitación electrónica integral e Procesos de dixitalización.

Agora, tras varios anos de peticións, xestións e loita por parte dos delegados da CIG, conseguimos a ampliación e mellora da aula de formación dos empregados públicos en Ourense.

As obras no 7 andar do Edificio Administrativo xa están en marcha!

Continuamos na nosa loita para mellorar a formación do persoal ao servizo da Xunta!