No DOG do 6 de febreiro publícase a Resolución da EGAP pola que convocan actividades de formación continua dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

En total son 178 actividades formativas, coas modalidades de teleformación, presencial e mixta. A presentación de solicitudes é ata o día 15 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula. O número máximo de cursos que se poden solicitar é de cinco.

Non fai tantos anos que non existía teleformación, e a participación a cursos da EGAP era sistemáticamente denegada a numeroso persoal (por exemplo, a dos centros de ensino). Tamén temos numeroso persoal laboral sen formación. Así que queremos aproveitar para lembrar que o acceso aos graos anticipados I e II da carreira profesional, require o cumprimento dalgún criterio a maiores da antigüidade, e que un dos criterios propostos é ter 40 horas de formación (no texto do Acordo non hai límite temporal). E non esquezamos que para os demáis graos diferentes do I e II anticipados, non se coñecen os criterios a cumprir).