Que é o que sucede cos materiais, temarios e información na páxina web?

De moitos materiais, a súa versión en galego resulta unha versión adaptada de inferior cualidade e inzada de erros,  o que mais que contribuir ao mandato legal contribue a desvalorizar a nosa língua própria. Nos temários a versión castellana sempre antecipa à galega, e o desleixo nalgunhas versións na língua própria dos galegos chega a ser considerable,  parecendo máis ben un convite a que non se usen eses materiais pola sua inferior fiabilidade que logo as academias se encargan de confirmar.

Na EGAP confúndese o dereito de recibir información a cidadania en calquera das línguas oficiais na comunidade autónoma, a própria e a oficial do estado, co que é a súa obriga legal de normalización lingüística no proceso formativo do  empregado público. Compre destacar que a EGAP pouca formación realiza para a cidadania en xeral e si para os empregados públicos da Comunidade autónoma e dos entes locais da Galiza, que ante a formación son suxeitos de obrigas.

Isto último xá non só son palabras desta central sindical, senón que é o manifestado no último informe do Consello de Europa sobre o respeito dos direitos linguísticos na Galiza, e do xeito en que aqui se cumpre a Carta Europea das línguas rexionais e minoritarias.

Esta actitude con respecto á nosa lingüa nos materiais, información, e agora cos temarios, vén por de manifesto que a única língua real e verdadeira da EGAP desde que é presidida polo Sr. Pablo Figueroa, é o castellano.

Falta de actualización da plataforma "on-line"

Mentres se realizan de xeito sistemático actividades na EGAP, moitas delas difíciles de considerar acordes con o mandato legal da sua lei de creación, e se vende os grandes avanzos conseguidos na formación on-line, que como é lóxico gañou un peso crecente, o aceso aos servizos por esa via, é dicer a páxina web da EGAP, leva varios meses sen actualizar.

Referímonos en concreto ao programa de seguimento de actividades formativas nas que os empregados/as públicos se inscreben nos cursos, ollan o proceso de seleción, a superación do curso e a emisión de diplomas.  Desde maio-xuño, dase unha serie de inexactitudes nas que actividades formativas hai tempo superadas aparecen como "seleccionado", outras nas que aparece "diploma" que leva meses sen recibirse, etc.

Desde a CIG agardamos a imediata adopción de medidas para subsanar estes problemas, se non procederemos a denuncia noutros espazos, incluídos os europeos.

Nota: a EGAP xa se puxo en contacto co representante da CIG no Consello Reitor para tratar o tema