A participación nas probas de avaliación exixe que os solicitantes teñan un nivel adecuado de coñecemento da materia en que se van examinar. Convócanse 1.000 prazas de acceso libre. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia n.º 7, de 10 de xaneiro).

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, os días 23, 24, 25 e 26 de xaneiro do ano 2012, das 9.00 ás 15.00 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

A matrícula realizarase a través da web da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día da publicación desta resolución no DOG e rematará o 16 de decembro de 2011 ás 13.00 horas.