Formación

A formación entra definitivamente na axenda do SPDCIF tal e como esiximos na PNL presentada pola CIG o pasado 9 de abril.

A proposta de En Marea, vía emenda adicional, o PP inclúe no ditame final da comisión especial de incendios a proposta de formación rexistrada pola CIG en Abril e comprométese ao seu cumprimento.

A CIG continúa pechando o círculo da formación que comezou a percorrer coa presentación vía PNL- proposición non de lei- en Febreiro de 2016. Daquela, a PNL esixindo formación para o SPDCIF desembocara na primeira convocatoria dos certificados de profesionalidade aos que poido optar o persoal do SPDCIF.

No DOG 224 do venres 23 de novembro publícase a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2018 pola que se convocan actividades formativas en liña de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, a diversos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

As actividades van dirixidas a preparación do acceso aos seguintes corpos:

  • Corpo auxiliar (subgrupo C2)
  • Corpo administrativo (subgrupo C1)
  • Corpo de xestión (subgrupo A2)
  • Corpo superior (subgrupo A1)

Prazo de inscrición: 7 días naturais a partires da publicación no DOG

Comenzo das actividades: 5 de decembro de 2018

A EGAP anunciounos que o venres 23 de novembro sairá publicada no DOG a convocatoria de cursos on-line para que as persoas que se presenten a promoción interna a corpos xerais poidan inscribirse e preparar o acceso aos subgrupos C2, C1, A2 e A1.

Unha vez publicado no DOG haberá sete días naturais para inscribirse. A EGAP confrontará a petición dos curso coa listaxe de admitidos de Función Pública para conceder o acceso.

Os cursos darán comezo no mes de decembro, poñendo a disposición dos interesados as leis referidas nos temarios, así como distintas probas autoevaluativas. Tamén porán a disposición do alumnado durante tres meses titores para a resolución de dúbidas.

Como ben se nos recoñeceu dende a EGAP, esta é unha reivindicación que dende fai varios anos leva a CIG poñendo enriba da mesa do Consello Reitor da EGAP.

Agora ben, a cousa chega un pouco tarde, pois segundo as bases das convocatorias a realización do primeiro exercicio non tería lugar antes dos dez meses posteriores á data da convocatoria, o que equivale a falar do día 8 de xaneiro. Así que non cadra que comecen os cursos en decembro e manteñan titorías durante tres meses. Acaso teñen xa previsto atrasar o primeiro exercicio?

O martes 24 de xullo asistimos ao Consello Reitor da EGAP. Despois de que a directora lera os informes e aprobasen a conta anual do exercicio 2017, a CIG manifestou:

  • Lembramos o compromiso adquirido pola directora de EGAP recollido na acta aprobada en relación ao uso do sistema de videoconferencia, ao que resposta que o compromiso está aí e que están traballando niso.
  • Informamos que os accesos ás aulas de formación nas xefaturas territoriais seguen sen cumplir a normativa vixente e a resposta que dan é que non é do seu ámbito competencial, ao que interpelamos que aínda que non sexa a EGAP a responsábel directa da adecuación dos accesos, entendemos na CIG que si debe interceder na instancia que corresponda para que esa situación se corrixa. Din que xa o fixeron.

A EGAP publica no DOG do 26/06/2018 a Resolución pola que convocan actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo para presentar solicitudes é de dez días naturais dende o seguinte á publicación (ata o 6 de xullo, inclusive).

A solicitude ten que facerse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñíbel no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

A EGAP vén de convocar no DOG, ao abeiro do convenio subscrito con Vicepresidencia e a Amtega, unha formación práctica nas principais novidades do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia (Notifica.gal) e da Recepción electrónica do Sistema Único de Rexistro (Rexel).

O curso está dirixido a persoal empregado público que preste servizo na Administración pública da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, é de modalidade mixta (8h de teleformación e 4h presenciais a impartir 2h en dous días da mesma semana) e consta de 11 edicións, cuxas datas, horarios e lugares de celebración poden consultarse na resolución adxunta. Para cada edición hai un total de 25 prazas.

As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática da web da EGAP.Atención: aínda que a convocatoria fala dun prazo de 8 días naturais desde o seguinte á publicación no DOG e remataría xa que logo o 5 de xuño, na páxina web da EGAP poñen que o límite no 8 de xuño.

Na tarde de onte, Mércores 25 de abril, rematamos a xeira de contactos cos grupos parlamentares con representación no Parlamento Galego pola presentación da Pnl - proposta non de lei-  de formación para o Spdcif.

Desta vez cos Grupos parlamentares do Psdg- Psoe, e Partido Popular.

Completamos asía as xa publicitadas na semana pasada, acadando o apoio e compromiso por parte tamén do Psdg e do Partido Popular, ao igual que xa o fixeran nos pasados días, Bng e En Marea.

Queda así apuntalada lexislativamente a formación que nos corresponde no Spdcif, traballo que xa comezaramos na CIG fai uns anos, e que desencadeara a convocatoria dos competencias profesionais.

O grupo parlamentar do PP comprometeu de forma clara e manifesta o seu apoio a esta Pnl, manifestando como clave a formación e experiencia do Spdcif.

Dende o Psdg, tamén acadamos o seu visto bo, e aínda que ían estudalo máis a fondo, manifestaron que lles parecía unha petición máis que razoábel , polo que non debería haber problema para  aprobala.

Agardamos pois  que unha vez saia adiante, o goberno da Xunta tome nota e execute estas medidas de formación, artellando esta de forma tal que nun período relativamente curto de tempo, todo o Spdcif esté formado nos módulos e unidades formativas que recolle o R.D 624/2013.

O DOG do 23/04/2018 publica a Resolución da EGAP pola que convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional (ver anexo II).

O número máximo de actividades que se poden solicitar limítase a cinco. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir das 8:00 h. do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e remata o 3 de maio ás 23:55h. 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula.

Nestes últimos días, a CIG foi recibida polos grupos parlamentares de Bng e En Marea , logo que solicitaramos xuntanza para presentar a Pnl de Formación no Spdcif que rexistrada no Parlamento días atrás.

Seguindo a senda das accións iniciadas aló por Febreiro do 2016, cando conseguiramos logo tamén de presentación de Pnl o apoio de tódolos grupos parlamentares para que se incluíra dentro da programación formativa a cualificación profesional  "operacións de vixilancia e extinción e apoio as continxencias do medio natural e rural", vimos agora de rexistrar Pnl (proposición non de lei) para que o Spdcif teña acceso aos módulos formativos que compoñen esta cualificación profesional.

Dende a CIG levamos varios anos explorando tódalas vías para que o Spdcif teña a formación que lle corresponde profesional e legalmente.

Unha vez encadradas na categoría profesional que nos corresponde  -pendentes de modificación da Rpt-, seguimos facendo camiño.

No DOG do 13 de marzo publicouse a Resolución da AMTEGA pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, as capacidades e as destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galiza.

O número de prazas convocadas, datas (entre o 25 e o 27 de abril), lugar e horario en que se realizarán as probas están recollidos na propia Resolución.

O prazo para inscribirse remata aos 7 días naturais a partir do seguinte ao da publicación (día 20 de marzo inclusive).