Formación

O DOG do 11/01/10 publica a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega ( medio e superior).

Prazo: ata o 21 de xaneiro

Solicitudes: na páxina web da EGAP

A páxina http://egap.xunta.es/ fixo pública a convocatoria extraordinaria de dous cursos de Formación Continua, e ábrese o prazo ata o 3 de novembro ás 14:00 h.

Os cursos convocados son:

- PRESENTACIONS EFICACES  a desenvolver os días 19, 23, 25 e 26 de novembro e 15, 16 e 17 de decembro; en horario de 17:00 horas a 20:30 horas. As prazas ofertadas son 15 e as horas lectivas 25.

- CURSO SOBRE TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN PARA FALAR EN PÚBLICO   a desenvolver os días 14, 15, 16, 17, 21 e  22  de decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. As prazas ofertadas son 15 e as horas lectivas 17.

O DOG do 22/10/09 publica a Resolución do 19 de outubro de 2009 pola que se convocan cursos para o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e da Administración autonómica da Xunta de Galicia.

A páxina http://egap.xunta.es/ espón a 4º convocatoria de cursos de formación continua de 2009 e abrese o prazo de matrícula ata o 14 de setembro.

A matrícula realízase a través da "zona de matrícula" da páxina "http://egap.xunta.es/", sendo o prazo para formalizala dende as 12:00 horas do día 7 de setembro de 2009 ata as 14:00 horas do día 14 de setembro  de 2009.

A relación de cursos está na citada páxina.

O DOG do 28/07/09 publica a convocatoria da consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa EGAP dun curso de especialista en información xuvenil.

O DOG do 27/07/09 publica a convocatoria por parte da EGAP en colaboración coa consellería de Cultura e turismo de varios cursos para o persoal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Cursos: 15
Prazo: ata ás 14:00 horas do 07/08/09
Solicitudes: hai que cubrilas de forma telemática na páxina http://egap.xunta.es

Abrese o prazo de matrícula para unha convocatoria extraordinaria de cursos de formación contínua.

Dende as 14:00h do día 15 de maio está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 3ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 24:00h do 23 de maio. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta terceira edición no seguinte enlace. A oferta desta convocatoria quedou un tanto escasa (14 cursos), sendo a maioría deles para colectivos específicos. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.

Dende as 9:00h do día 20 de marzo está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 2ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 14:00h do 30 de marzo. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta segunda edición no seguinte enlace. A convocatoria oferta un total de 43 cursos nas diferentes modalidades de teleformación e presencial, agrupados en diferentes áreas de coñecemento. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.