Formación

No DOG do 02/03/2015 publícase a Resolución do 24 de febreiro de 2015 pola que se convocan as actividades formativas e as probas de avaliación de carácter libre que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade de teleformación ou de acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es.matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

No DOG do 03/02/2015 publícase a Resolución do 28 de xaneiro de 2015 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a seis.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Ligazón á convocatoria de cursos no DOG do 03/02/2015

Por se é do teu interese persoal ou de alguén do teu entorno, aquí tes a relación de cursos de formación do plan intersectorial 2014-2015.

É unha proposta, pendente de aprobación por parte da Xunta de Galiza, dirixida preferentemente a persoas traballadoras en activo, pero con prazas que poden ser destinadas a persoas en situación de desemprego, existindo un cupo de prazas que poden ser destinadas a persoas traballadoras en activo ao servizo das Administracións Públicas.

A previsión de datas e lugares pode sufrir variacións. A formación é 100% subvencionada.

Máis información en forGa: https://www.forga.gl

Descargar.

Os límites da decencia, que hai tempo que foron saltados por este goberno, quedan xa a tanta distancia de Feijoo e o seu goberno, que o pudor lles é alleo. Tanto é así, que cando a gangrena da corrupción invade todo o corpo do Partido Popular e este apodrece, non dubidan en sinalar aos empregados/as públicos/as como culpábeis. Cando xustiza e a prensa din: Paula Prado, Pachi Lucas e Feijoo, Odilo Martiñá e Operación Zeta, e un largo etcétera, o noso goberno responde: Curso de Ética Pública para empregados/as públicos/as. Igual que Nerón culpando aos cristiáns.

A Escola Galega de Administración Pública convoca para os días 27 e 28 de novembro un curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción destinado ao persoal ao servizo da Administración galega.

E un dos ponentes estrela vai ser un dos primeiros políticos galegos condenados por prevaricación: Xosé Luís Barreiro Rivas, ex vicepresidente da Xunta con Alianza Popular, a quen o Tribunal Supremo condenou a 6 anos de inhabilitación especial para cargos públicos.Barreiro dará a charla Os compoñentes éticos, políticos e xurídicos dunha sociedade limpa, que impartirá o xoves 27 de novembro na EGAP.

No DOG do 24/03/2014 publícase a convocatoria do programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración autonómica galega.

Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación finais na sede da EGAP.

Todos os empregados públicos e as empregadas públicas da Administración da Administración autonómica galega que desexen acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación poden facelo, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 30 de decembro de 2014. Cada persoa determinará libremente o número de actividades nas que queira inscribirse.

No DOG do 27/02/2014 publícase a Resolución do 20 de febreiro de 2014 pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, de teleformación ou de acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de marzo ás 14:00 horas e ten que facerse a través do portal da EGAP (http://egap.xunta.es/matricula).

 

No DOG do 24/01/2014 publícase a Resolución do 20 de xaneiro de 2014 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Ligazón á convocatoria de cursos no DOG do 24/01/2014

No DOG do 26/12/2013, vén de se publicar a Resolución da EGAP do 18 de decembro de 2013 pola que se publica o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración local e da Administración de xustiza de Galicia para o ano 2014.

Os cursos formativos dispoñibles, cuxa listaxe pode consultarse nesta ligazón, ofertaranse nas sucesivas convocatorias ao longo do ano 2013, pero cunha importante observación que recolle a propia Resolución da EGAP: esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario

Non deixa de ser exemplificativo de como se está a gobernar a Administración, cando unha Resolución publicada no DOG prevé a posibilidade de ser incumplida por falta de crédito. 

Acceder á Resolución da EGAP

No DOG do 07/10/2013 publicase unha mricro-convocatoria de cursos de idiomas (alemán e francés) dirixidos ao persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma galega.

Trátase da convocatoria dun curso de alemán de 70h en modalidade de teleformación e dous cursos de francés (básico e intermedio) de 50h cada un. Hai 200 prazas no de alemán e 40 prazas en cada un dos cursos de francés divididas en dúas edicións presenciais en Compostela de 20 prazas cada unha. Os cursos comezarían a finais deste mes e extenderíanse ata decembro.

O Padroado da EGAP é un deses recunchos da Administración nos que teñen presencia formal as organizacións sindicais. Desde el podemos facer que se escoite a voz das traballadoras e traballadores, denunciar e tratar de mellorar o funcionamento deste órgano de formación das empregadas e empregados públicos galegos. Na CIG non deixamos pasar esta oportunidade.

Nesta 1ª reunión do Padroado (que xa se tiña que ter realizado en xuño) falouse de diversos temas: os incumprimentos da EGAP co noso idioma, a progresiva externalización da formación, o aumento de convenios escuros, a fusión coa INAP, a RPT, a elaboración de temarios dos procesos selectivos ou a deriva política na actividade formativa.